La concejal del Grupo Municipal del PP Sagrario Sánchez explica que muchos barraquistas viven en una situación de incertidume ya que no saben si el Ayuntamiento de Lugo va a permitir su instalación en las próximas patronales, por lo que pregunta si el gobierno local tiene pensando sacar a concurso su instalación
A concelleira do Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Lugo, Sagrario Sánchez, pregunta ao goberno local se xa teñen pensado licitar a contratación das barracas para o San Froilán, xa que, no caso de que “este goberno o teña a ben o prazo para poder licitalo en tempo e forma esgótase”.
A concelleira popular sinala que son moitos os barraquistas que están agardando a que o Concello de Lugo se decida a sacar a contratación estes postos, xa que “despois de dous anos moi complicados poden volver a traballar e é o que están desexando”. A popular sinala que xa que o goberno local sacou a concurso as casetas do polbo, podería facer o mesmo coas barracas, sempre cumprindo cos protocolos establecidos polas autoridades sanitarias.
Sagrario Sánchez sinala que segundo os protocolos establecidos pola Xunta as atraccións de feira poden realizar o seu traballo cumprindo unhas normas:
- En espazos comúns de tránsito: unha persoa cada tres metros cadrados
- Puntos diferenciados de entrada e saída
- Non se permiten as piscinas de bolas
- Os asistentes e o persoal das atracción deberán portar máscara de maneira obrigatoria
- Atraccións con asentos incorporados: 50% de asentos cada fila agás no caso de persoas convivintes (sempre que non se poida manter a distancia de seguridade)
- Atracción sen asentos incorporados: 30% da capacidade máxima da atracción
- Atraccións inchables: 50% da súa capacidade
Explica Sagrario Sánchez que estas normas aplícanse aos concellos nunha situación sanitario en nivel medio ou alto, polo que “en función da situación na que nos atopemos se poderán aplicar unhas restriccións ou outras, pero non é menos certo que dende o Concello de Lugo se debería traballar neste sentido para facilitar o seu traballo”.
Por último, a concelleira popular explica que os barraquistas están nerviosos por saber se poderán traballar ou non nas vindeiras patronais, pero tamén moitos lucenses, que queren saber se haberá atraccións.