La concejal del Grupo Municipal del PP Cristina Abades presentará preguntas en comisión para conocer los planes del gobierno local sobre los campamentos de verano y, en caso de que se oferte un programa de actividades, que tipo de campamentos van a ofertar
A concelleira do Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Lugo, Cristina Abades, pregunta ao goberno local se na súa folla de ruta teñen previsto realizar campamentos de verán para facilitar a conciliación da vida laboral e familiar.
Cristina Abades explica que presentará preguntas en comisión para saber se, no caso de que o goberno local oferte un programa de actividades para os mozos lucenses para este verán, para que grupos de idade estará dirixido. “Este verán, máis que nunca, é preciso dar opcións aos pais e nais para axudar na conciliación, polo que tamén queremos saber que tipo de actividades van a ofertar”, explicou.
A concelleira popular tamén quere saber en que tipo de actividades están a traballar no goberno local e nos centros nos que van a desenvolver ditas actividades. Tamén pregunta Cristina Abades se socialistas e nacionalistas ofertarán unha reserva de prazas para nenos con algún tipo de discapacidade, xa que é preciso garantir “un tempo de lecer inclusivo”.
Por último, tamén quere saber o horario dos campamentos de verán e o custe dos mesmos para as familias. “Debemos de ser conscientes de que nos atopamos nun momento moi complicado para as familias polo que o Concello de Lugo debería de dar as máximas facilidades para axudar na conciliación este verán”, sinalou.