CulturaEconomíaInfraestructuras

El PP pregunta cuando se licitará la cafetería de la Vieja Cárcel tras gastar casi 25.000€ más en una entrada independiente de la zona musealizada

By 16 marzo, 2021No Comments

El vicevoceiro del Grupo Municipal del PP Antonio Ameijide recuerda que este mes se cumplen cuatro años desde la inauguración de este centro cultural sobre lo qué pregunta cuando piensa publicar los pliegos de contratación de la cafetería de esta instalación después de tres intentos fallidos para su adjudicación

O vicevoceiro do Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Lugo, Antonio Ameijide, reclama ao goberno local “traballo e dilixencia” para sacar a licitación os pliegos da cafetería do Vello Cárcere, unha instalación que leva catro anos pechada a pesar de que o goberno de Lara Méndez a cualificara como a cafetería coas mellores vistas da cidade.

Antonio Ameijide reclama unha solución para esta dotación, que unicamente pasa pola licitación dos pliegos para a súa adxudicación e posterior apertura, sobre todo despois de comprobar que xa se realizaron as obras para dotar dunha entrada independente á cafetería. “Vemos como o gran problema, que era compartir entrada coa zona musealizada xa se solucionou, polo que agora veremos cal é a escusa para non sacar a licitacións os pliegos de contratación da cafetería”, sinalou.

O concelleiro popular explica que a construción desta entrada independente se realizou a través dunha das “fórmulas mestras” do bigoberno: un contrato menor, que tivo un valor de 24.709€. Unha vez solucionado este problema, algo que dende o Partido Popular levamos moitos anos pedindo, non entendemos o motivo de manter pechada esta instalación, seguramente “pola falta de traballo” deste goberno local.

Neste senso, dende o Grupo Municipal Popular afirman que os problemas da adxudicación desta cafetería son froito dunha mala planificación, xa que non había unha entrada independente, problema agora solucionado.

Por iso, Ameijide insiste en que “hai decenas de hostaleiros desexando puxar pola xestión e senón o fan é porque as tres convocatorias que se fixeron estaban fóra das necesidades do mercado”. Por este motivo, o popular reclama unha nova licitación da cafetería do Vello Cárcere “cunhas condicións realistas e adaptadas ao sector hostaleiro de forma que o servizo preste unha atención cun horario axeitado que permita que o hostaleiro o xestione”.

Ante a inacción do goberno local, os populares anuncian que pedirán acceso á cafetería do Vello Cárcere para comprobar in situ en que estado se atopa, xa que nestes catro anos que leva pechada ao público hai instalacións e material que se puido danar.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies