El PP recrimina que “por la incapacidad y la falta de voluntad del gobierno local de tramitar la localización del nuevo Centro de Salud en el Sagrado Corazón se frene su construcción”
O Grupo Municipal do PP pedirá explicacións en comisión para saber que xestións fixo o goberno local dende que hai un ano a alcadesa se comprometera a ceder unha parcela para o novo centro de saúde no barrio do Sagrado Corazón.
Queremos que nos expliquen “en que punto están as negociacións coa entidade bancaria propietaria dos edificios onde estaba o antigo colexio do Sagrado Corazón cuxas instalacións levan baleiras dende xuño de 2021. Os populares lembran como o concello ofreceu 5 alternativas de terreos para permutar por estes edificios do colexio e recordan como Abanca solicitou máis información para poder avaliar esta oferta xa que o que a documentación que se lles mandou estaba incompleta. “Queremos saber que localizacións se barallan” e queremos comprobar que información se entregou para facer esta negociación polo que “solicitamos acceso ao expediente completo”.
Perseveranza e colaboración Partido Popular
O PP “leva anos liderando a creación de novos equipamentos para o barrio como foi a defensa do novo colexio que se inaugurou este ano”. A base de persistencia o Partido Popular conseguiu que se construise o novo colexio do Sagrado Corazón no que se investiron 4,2M€ e que é un referente en Galicia da arquitectura pedagóxica.
O próximo reto dos populares, polo que levan anos loitando é conseguir a titularidade dos terreos e edificios onde estaba o antigo centro educativo que son propiedade de ABANCA. Hai que lembrar que dentro desta zona hai unha pista polideportiva cuberta que o PP propuxo que se lle dera un uso público co obxecto de gañar dotacións para o barrio.
Ata en dúas ocasións, nos anos 2016 e 2019 o Grupo Popular presentou iniciativas no pleno, ambas aprobadas por unanimidade, instando a iniciar de forma urxente os trámites necesarios para conseguir os edificios do vello colexio para dotacións públicas e impulsar a construción dun centro de saúde.
Pola súa banda Xunta dirixiuse ata en 3 ocasións á alcaldesa (novembro de 2021, marzo de 2022 e decembro de 2022) para recordarlle que necesita 1.534 metros cadrados de edificabilidade para construír o novo centro de saúde tanto no vello colexio coma noutro lugar.