A edil do PP Mar Carballas explica que a petición que fixemos foi co ánimo de tranquilizar ás familias dos meniños que utilizan este servizo lamentando que “a negativa de socialistas e nacionalistas a incluir na orde do día do pleno ordinario do xoves este asunto”.
“Perden unha oportunidade para exercer o liderazgo que ten o goberno a responder ás 22 preguntas da comparecencia sobre o funcionamento dun servizo que afectou durante dúas semanas a varias familias lucenses”.
“É insultante que se neguen a dar explicacións cando o lóxico sería que non tiveramos nin que pedir esta comparecencia” matizou a concelleira “se tivesen a conciencia tranquila e estiveran seguros de ter feito todo o que estivo na súa man, xa terían saído públicamente a explicar o que ocorreu neste servizo municipal”.
Os populares lembran que este caso involucra tanto ao PSOE, como ao BNG “aos nacionalistas porque como sempre están ausentes e se poñen de perfil nos asuntos importantes para os lucenses.
Carballas cualificaba “de hipocresía política a Alvarellos e Arroxos porque piden fóra o que non dán na casa” en alusión a que o día anterior á manifestación dos pais e nais da gardería Gregorio Sanz (que é un servizo da súa exclusiva responsabilidade), si atoparon o tempo necesario para participar nunha protesta contra outra administración”
Para o PP o veto da comparecencia responde á “unha actitude de secretismo” que caracteriza a xestión deste goberno local que “oculta á cidadanía aspectos da súa xestión en lugar de afrontarlos de maneira aberta e trasnparente”.
A maiores desta situación os populares cren que se debe aclarar porque en vez de cubrir as baixas da gardería tirando da bolsa de emprego decidiron recurrir a unha contratación, por urxencia, dunha empresa privada.