Servicios sociales

El PP preocupado por el futuro del centro de día Antonio Gandoy tras dos intentos fallidos en la adjudicación del servicio

By 11 septiembre, 2019No Comments

El Partido Popular critica que el gobierno local no adjudicase, en un plazo de doce meses, la gestión del único centro de día municipal que tiene a su cargo. Para o Grupo Popular o feito de que quedase deserta a contratación supón un novo varapau e que certifica que “non mellora o ritmo de xestión xa que se antes a alcaldesa era incapaz de avanzar arestora nin con vicealcalde son quenes de poñer orden neste servizo”.

A concelleira popular Carmen López Silva explicou que “nun período de catro meses xa van dous intentos fallidos na adxudicación deste servizo”. A edil aclarou que “o primeiro fracaso foi en maio cando o concello viuse obrigado a facer modificacións no prego de condicións por mor dun recurso no que se valoran máis cuestións sociais que económicas e, arestora no mes de agosto, atopámonos con que non hai empresas interesadas en asumir a xestión deste servizo”.

Carmen López Silva amosou a súa preocupación porque “estamos a falar de atención ás persoas maiores, o goberno local debía ser máis efectivo e sensible tendo en conta a importancia desta prestación”.

A concelleira cre que “os retrasos de máis de 5 meses en abonar as cantidades que lle corresponden á concesionaria do Centro de día Antonio Gandoy poderían frear a outras empesas a interesarse en  participar nesta contratación”.

 



Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies