Economía

El PP presenta sus primeras propuestas “responsables y cumplibles” para los presupuestos de 2016

By 19 octubre, 2015enero 29th, 2016No Comments

El portavoz del GMPP Jaime Castiñera anuncia que su Grupo toma la iniciativa “a la vista de que el gobierno local, a estas alturas, ni ha presentado el borrador de ordenanzas fiscales ni el de presupuestos y ni tan siquiera ha convocado ninguna reunión”

O voceiro do Grupo Popular pide ao goberno local que axilice os prazos para entregar aos grupos da oposición “o borrador tanto das ordenanzas fiscais como dos orzamentos para 2016”. Jaime Castiñeira interpreta que os motivos deste retraso é a falta de proxecto de cidade que ten o novo goberno local que “non sabe o que quere facer e actúa a golpe de improvisación”.

Os populares, ao igual que fixeron coas ordenanzas municipais, se anticipan e hoxe, en rolda de prensa, fixeron un avance das súas propostas aos orzamentos “que esperan sumen os maiores apoios posibles xa que estamos falando de propostas serias, responsables e cumpribres nas que priorizamos as demandas dos cidadáns”.

As propostas nas que traballa o Partido Popular divídense en 5 eixos: emprego, xestión e transparencia, servizos sociais, rehabilitación e rexeneración urbana, e zona rural.

Castiñeira detallou unha das propostas relativas ao emprego que consiste en “reservar unha  partida de 6 millóns de euros anuais para a creación de novas empresas, de novos empregos e o fomento da rehabilitación”. “Tratase de abrir tres liñas de apoio: A primeira dotada con 2 millóns de euros anuais para a posta en marcha de empresas innovadoras ou que non compitan con outros proxectos existentes no seu entorno. A segunda liña de axudas de 2 millóns de euros anuais para a contratación de traballadores censados no Concello de Lugo e para o fomento da estabilidade laboral e a terceira liña de 2 millóns de euros anuais para a rehabilitación de vivendas da cidade e das parroquias, con especial atención ao entorno do Camiño Primitivo e a Muralla.

O voceiro do Grupo Municipal do PP lembrou que “o seu grupo o pasado 30 de setembro presentou unha batería de máis dunha vintena de propostas de modificación das ordenanzas entre as que destaca rebaixa no IBI, eliminar plusvalía municipal e a eliminación da ORA”.

Jaime Castiñeira afirma que a actualización das ordenanzas fiscais “é clave porque permite calcular os ingresos do concello e son necesarias para confeccionar os orzamentos de 2016”. Os populares lembran que o normal sería  que a aprobación inicial das ordenanzas fiscais se realice no vindeiro pleno “polo que os grupos da oposición deberiamos ter xa a proposta do goberno para poder analizala con detalle”. Castiñeira explicou que “nin tan sequera cando ven que se achega a data límite e se botan os prazos enriba os socialistas reaccionan”. “Vai sendo hora de que nos ensinen o seu proxecto de ordenanzas” reflexionou o voceiros dos populares.

Castiñeira lembra que a improvisación é a tónica xeral de traballo do goberno local de Lugo “coa conta xeral tiveron que convocar un pleno extraordinario porque non priorizaron a realización deste documento para incorporalo á orde do día dun pleno ordinario”. O popular afirma que esta forma de traballar sucede tamén con convocatorias “sinxelas a priori” como a da constitución da mesa de comercio local do pasado 13 de outubro “non se convocou coas 48 horas mínimas de antelación, non se convocaron a todos os membros, se descoñecían os asuntos do expediente e por riba a configuración da mesa se decide nunha xunta de goberno local celebrada uns minutos antes da convocatoria. 

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies