Los concejales del Grupo Municipal del PP estudiaron los cambios de tráfico realizados en después de recibir numerosas quejas de usuarios tanto de peatones como de conductores.
No seu chequeo, os concelleiros populares constataron como a nova glorieta instalada no cruzamento de Ramón Ferreiro coas rúas Vilalba, Anxo López Pérez e Rodríguez Mourelo provoca confusión nos condutores, que ven como teñen primeiro unha regulación semafórica que, unha vez lles da paso, ven como se atopan cunha glorieta que, en moitos casos está ocupada por outros vehículos polo que non poden circular. “Consideramos axeitado realizar unha nova regulación deste cruzamento para evitar perigos aos condutores e tamén para evitar os atascos que se están a producir case todos os días”, sinalan.
Neste punto tamén é preciso sinalizar axeitadamente dende o inicio o carril de acceso aos veciños de Bispo Aguirre. A este carril de circulación pode acceder calquera usuario que, ata unha vez pasado o semáforo, non se sinala que se trata dun carril especial para determinados usuarios, polo que cando queren incorporarse ao carril da esquerda para acceder á glorieta non poden xa que está ocupado ou a rotonda con outros vehículos.
Sinalan tamén os populares, que os peóns se queixan da cabina telefónica que hai no paso de peóns de Rúa Vilalba, un elemento xa en desuso que impide totalmente a visibilidade da glorieta e que ocupa un espazo da beirarrúa moi importante xa que neste punto adoita haber un número importante de persoas agardando para cruzar.
Os populares propoñen que se estude a necesidade de permitir que algunha das rúas como Celso Emilio Ferreiro ou Rúa Cambría cambien de sentido ou sexan bidireccionais, para permitir a incorporación cara a Ramón Ferreiro, evitando tráfico innecesario que acaba en Anxo López Pérez e que colapsan en horas punta a glorieta. O veciños e usuarios do entorno das Rúas Galicia, Dinán, Celso emilio Ferreiro, Jacinto Calvo, Cambria, en caso de querer ir en dirección á Av. De Madrid, vense na obriga de dar un rodeo por Anxo López Pérez, acumulando tráfico innecesario nesa rúa e colapsando o funcionamento da rotonda.
Tamén se preocupan os concelleiros populares pola situación na que quedan os novos semáforos instalados en Ramón Ferreiro, xa que unicamente dan servizo aos conductores e non hai pasos de peóns habilitados, polo que moitos lucenses se ven na obriga de cruzar “de calquera xeito” ante a falta dunha regulación.
É preciso tamén reforzar a sinalización horizontal dos carrís e dos movementos permitidos nos cruces entre Rúa Dinán e Rúa Hermanitas, e entre está e San Roque, de cara a evitar confusións e colisións como as que xa se teñen producido. Ao non estar ben delimitados os carrís destas interseccións, os conductores cambian de carril sen control téndose xa provocado varios accidentes.
Por último urxe tamén reparan un importante bache que se xerou na Rúa Dinán na súa confluencia con Rúa Hemanitas fronte ao acceso á Estación de Autobuses.