- A publicación, que terá carácter periódico, inclúe tres seccións fixas: o balance das principais proposicións plenarias do último trimestre, a recompilación dalgunhas das solucións formuladas aos problemas do municipio e tamén imaxes dalgunhas visitas a barrios e parroquias dos edís populares. Todo isto péchase neste primeiro número cunha tribuna de Candia na que analiza os primeiros 100 días do goberno local
- Elena Candia explica que “esta nova vía de comunicación, que avala o noso compromiso coa transparencia e a rendición de contas, amosa que a nosa continua presenza na rúa e a escoita activa ás persoas luguesas son os piares da nosa acción política”
- O boletín enviarase empregando a plataforma de mensaxería instantánea WhatsApp para favorecer que, quen o desexe, o poida compartir cos seus contactos. A publicación farase chegar en primeiro lugar a simpatizantes, persoas afiliadas e, en xeral, ás que están subscritas á lista de difusión do Grupo Municipal do Partido Popular e, nunha segunda fase, poderá tamén consultarse na web.
- Os populares ven esta plataforma como un apoio “complementario” ao labor informativo que desenvolven os medios de comunicación así como ás publicacións na web e nas redes sociais do Grupo Municipal do Partido Popular.