Los populares contraponen fotografías de 20 de enero de 2022 con las que hizo ayer la alcaldesa para demostrar que, una vez más, falta a la verdad
O voceiro popular Ramón Carballo lamenta que “esta nova infraestructura, cun investimento de 25M€, só se utilice por parte da alcaldesa como argumento para confrontar coa Xunta e lle recrimina que “leve prometendo ano tras ano a súa inauguración”
Para os populares “Lara Méndez intenta xustificar a súa incapacidade de xestión buscando culpables ficticios” lembrando que o PP xa temía esta reacción logo de que o goberno local “se negase a que entrasemos no edificio, de forma reiterada, ata que en xaneiro de 2022 despois de reclamalo ata en 3 ocasións (novembro, decembro e xaneiro) permitiron unha visita express guiada por técnicos baixo a vixilancia da concelleira de gobernanza Paula Alvarellos”
DESIDIA E ABANDONO
Os populares poñen enriba da mesa feitos que demostran a desidia do PSOE e do BNG con respecto ao novo auditorio de Magoi:
Tardaron 10 meses en reparar a rotura dun dos vidros dos paneis exteriores que se produciu en setembro do ano 2021 e pola cal entraba auga ao interior do edificio. Segundo confirmou o propio goberno local en comisión “debeuse a un fallo estructural por un cambio de presión”
Rexeitaron abrir os espazos públicos que hai no entorno do edificio para o disfrute dos lucenses tal e como lle reclamou o Partido Popular coa escusa de que supoñía un perigo para a veciñanza porque o entorno non era seguro para a veciñanza.
A valla perimetral do auditorio de Magoi estivo sempre aberta e que só se decidiu pechar cando o PP anunciou un acto de inauguración ficticia “por arte de maxia” e a reacción da alcaldesa foi boicoitear esta concentración precintando o perímetro”
O edificio estivo moito tempo rodeado de maleza, só se facía unha limpeza cando o PP denunciaba o estado de abandono no que estaba o edificio.
UN ATRASO DELIBERADO
PSOE e BNG nunca tiveron a intención de abrir o edifico, non saben que contido darlle. Socialistas e nacionalistas dilataron a propósito a posta en funcionamento do auditorio de Magoi porque prefiren dedicar o diñeiro as súas corruptelas como por exemplo na contratación de agrupacións culturais afíns.
Para os populares “é preocupante que vaiamos camiño dos 3 anos dende que PSOE e BNG, son os propietarios do auditorio de Magoi, sen que ningún dos dous partidos se pronuncien sobre cal vai ser o modelo de xestión e o seu contido”