Cultura

El PP presenta un decálogo para mejorar las fiestas de San Froilán

By 14 octubre, 2022No Comments

Beatriz Vázquez explica que se realiza esta aportación “en positivo” para que las patronales recuperen su esplendor de años atrás y no fiar su éxito, como en los últimos tiempos, al buen tiempo que nos acompañó

Unha vez rematado o San Froilán, desde o Grupo Municipal do Partido Popular preséntase un decálogo de medidas para que as patronais lucenses recuperen o esplendor que tiveron anos atrás e volvan a ser a gran festa do outono galego.

Un “decálogo en positivo” como explica a concelleira popular Beatriz Vázquez para reforzar a imaxe do San Froilán e a súa organización e que o éxito das patronais lucenses non dependa exclusivamente de se o bo tempo nos acompaña ou non.

Decálogo de como mellorar a vindeira edición do San Froilán:

  1. Mellorar a planificación e organización do San Froilán de xeito que as contratacións dos concertos ou a elección de pregoeiros e oferentes queden pechadas no primeiro trimestre do ano
  2. Incorporar concertos de tirón nacional ou internacional
  3. Dar participación real aos membros da comisión de festas para así recuperar o seu espírito, de xeito que os membros do resto de grupos da corporación non se convertan en convidados de pedra
  4. Que a organización do San Froilán sexa totalmente transparente na contratación para frear o sectarismo
  5. Dar publicidade, e con tempo suficiente, ás principais actuacións e piares do programa para poder realizar promoción con antelación en albergues do Camiño de Santiago, na provincia e no resto da comunidade e naquelas cidades coas que estamos irmandados
  6. Dar estabilidade á contratación das casetas e caldeiros do polbo
  7. Que o San Froilán leve actividades a todos os barrios
  8. Ter planificadas alternativas para reubicar noutras localizacións os concertos no caso de que haxa mal tempo
  9. Mellorar o mantemento do recinto feiral xa que hai anos que non se realiza, por exemplo, a renovación das escalinatas das costas do parque Rosalía de Castro, moi deterioradas e cada vez máis perigosas
  10. Mellorar a limpeza do feiral e dos principais puntos de concentración de xente reforzando os equipos de limpeza á vista das queixas pola falta de aseo e polas imaxes de papeleiras e colectores de lixo cheos

Beatriz Vázquez fai estas achegas na procura “dun San Froilán para todos e máis participativo” xa que nas patronais lucenses teñen cabida todos os gustos e sensibilidades polo que “dende o propio Concello de Lugo temos que ser responsables e contar cunhas patronais para todos e cada vez mellores”.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies