En el vídeo un arquitecto solicita cita presencial para hacer una consulta técnica y se le responde, hasta en siete ocasiones, que “no hay citas presenciales y que en el servicio de arquitectura, de momento, esta es la orden que tienen” y la opción que se le ofrece es “atenderlo en dos semanas por teléfono”
O Partido Popular presentou hoxe un vídeo demostra que o bipartito minte cando afirma que en urbanismo “se estaban dando citas para atender dúbidas de xeito presencial”. Así respondían o PSOE e o BNG cando denunciamos dende o Grupo Popular, en novembro de 2020, as dificultades que tiñan os cidadáns e os técnicos de aclarar dúbidas ou consultar os expedientes de urbanismo.
Antonio Ameijide explica que na grabación que desminte ao bigoberno vese como un arquitecto solicita unha consulta presencial e o funcionario que o atende “ata en sete ocasións lle informa que non hai citas presenciais, que son todas telefónicas e que, se o estima, pode mandar documentación por correo electrónico, chegando a apuntar que teñen esa orde”. Finalmente ao técnico dáselle a opción de facer consulta telefónica en 13 días”. A chamada realizouse o venres 11 de febreiro e a cita telefónica que se ofrecían sería para o día 23 de febreiro. En conclusión “non hai atención presencial e se tes que resolver unha dúbida tes que agardar unhas dúas semanas para que te atendan por teléfono”.
Estes retrasos no día a día, nas consultas, así como na resolución de licenzas impiden que os administrados cumpran prazos administrativos o que provoca que se perdan subvencións e permisos doutras administracións desincentivando o investimento en Lugo.
Os populares lembran que levan varios meses insistindo en que se recupere a presencialidade na planta de urbanismo e anuncian que levarán un rogo para que sexa efectiva esta reclamación xa que noutros servizos municipais xa se habilitou este tipo de atención ao cidadán. “Esperemos que non se escuden en contestacións similares á que nos deron na comisión de contas do 19 de novembro na que zanxaron o tema cun: se toma en consideración”
Ameijide explica que “o Grupo Popular lamenta que o bigoberno intente enganar aos lucenses maquillando a realidade para evitar que trascenda o mal funcionamento de servizos municipais coma este”. O vicevoceiro popular reflexiona que “sería moito máis honesto que en vez de mentir, recoñecerán a súa incapacidade de organizar a área de urbanismo”. “Se esta grabación sirve para demostrar unha realidade que é coñecida por todos en Lugo, e se consegue recuperar a presencialidade no departamento vén pagou a pena”.