EconomíaSin categoría

El PP presenta veite reclamaciones para mejorar las ordenanzas fiscales

By 16 noviembre, 2016No Comments

El portavoz del Grupo Popular afirma que con sus sugerencias intentarán “que as ordenanzas fiscais teñan un maior compromiso cos emprendedores e coa reactivación económica”

Os populares pedirán a rebaixa do 10% do IBI e lembrado que “esa foi a contía que a alcaldesa subiu cando chegou ao goberno”; tamén se solicitará que unha bonificación do 90% do IBI para as construcións que tiveron actividade agrícola ou gandeira, e o  95% do IBI para aqueles inmobles onde se desenvolven actividades agrícolas e gandeiras. Nese senso, o popular anunciou que o seu grupo presentou hoxe unha proposición de urxencia “para que se poda aplicar esta última bonificación xa que o pleno ten que aprobar a declaración de especial interese e de utilidade municipal das actividades agrícolas e gandeiras”.

Os populares tamén solicitan que na ordenanza de apertura de establecementos  se substitúa “o 25% da bonificación da licenza de primeira actividade pola exención da taxa”. Tamén piden que se poidan beneficiar desta axuda aquelas persoas que collan un traspaso, así como aqueles emprendedores que desexen ter unha segunda oportunidade. Pola contra, os populares queren que se elimine o dereito a esta bonificación aos empresarios que teñan varios negocios e que, simplemente por cambiar de actividade, poidan beneficiarse desta rebaixa fiscal.

O PP tamén propón cambios na ordezanza da plusvalía para que nas transmisións a ascendentes, descendentes o cónxuxes por causa de morte se bonifique cun 95% cando o ben inmoble sexa a vivenda habitual, non só do falecido senon tamén dos herdeiros.

Na ordenanza reguladora do imposto de construccións, instalacións e obras os populares reclaman que a declaración de interese municipal daquelas que se realicen no rural do municipio non se limite únicamente, como pretenden os socialistas, a actividades ganderias, agrícolas ou forestais”. Castiñeira explicou que esta bonificación non se pode cinguir só ao sector primario e que “tamén se deberían beneficiar aquelas construcións de natureza artesanal ou rehabilitacións para actividades turísticas, pequenos obradoiros ou equipamentos”. Tamén solicitan a bonificación do 95% nas construccións e instalacións agrícolas e gandeiras.

Os populares tamén reclaman que se bonifique a rodaxe aos vehículos clásicos ou a gratuidade das inhumacións no cemiterio municipal. Os populares reclaman cambios nas ordenanzas do suministro de auga potable e a de sumidoiro, saneamento e depuración de augas residuais nas que os populares consideran que a bonificación a familias numerosas sen establecer ningún límite de consumo racha a filosofía de aforro de auga coa que se elaborou esta normativa. Os populares suxiren que se fixe un tramo máximo de consumo.

Tamén se presentan reclamacións ás ordenanzas do mercado para corrixir a redacción no tocante á cesión dos postos. Tal e como está é subxectiva a interpretación ou non de revocar a concesión por impago dos postos da praza.

Con respecto ás instalacións culturais se solicita que se prevean as tarifas do novo auditorio de Magoi así como as do auditorio do Centro Cultural do Vello Cárcere e, en segundo lugar, que se clarifique que inclúe a tarifa de cesión do auditorio con infraestructura.

Outro aspecto que afecta de forma directa a moitas de diferentes tributos e prezos públicos, é a urxente revisión das categorías fiscais das vías públicas do municipio que se utiliza como referencia e que está totalmente desfasado.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies