Cultura

El PP promociona la lectura creando una biblioparada al pie del auditorio de Magoi

By 23 abril, 2021octubre 26th, 2021No Comments

El portavoz del PP invitó a Lara Méndez y la Rubén Arroxo a participar en esta acción que consiste en “colocar libros en un tramo de la red perimetral que rodea esta infraestructura cultural para ponerlos la disposición de los vecinos y vecinas de Lugo”

Co día do libro os concelleiros do Grupo Popular colocaron nun treito da rede perimetral do auditorio de Magoi varias decenas de libros simulando unha biblioparada. Ramón Carballo convidaba a todos os cidadáns a participar nesta acción “incluídos a alcaldesa e o vicealcalde” matizando que “se trata dun punto de intercambio de libros co obxecto de fomentar á lectura mentres agardamos a que PSOE e BNG abran esta instalación”.

Os populares fixeron esta acción na rúa na xornada na que se cumpren 304 días dende que o Concello de Lugo recibise de mans da Xunta de Galicia as chaves do auditorio, unha infraestructura na que se investiron máis de 20 M€.

O voceiro popular tamén aproveitou esta acción para tender a man á alcaldesa xa que “se quere abrir o auditorio logo do verán, tal e como prometeu hai uns días na visita que realizou a este edificio, o lóxico é saber decidir canto antes como vai xestionar esta dotación”. Por ese motivo, brindámonos para consensuar a estratexia e o modelo de xestión para conseguir unha programación estable e de nivel que fuxa da politización que caracteriza o que programa o BNG. Nese senso, o Grupo Popular pedirá unha reunión para clarificar o futuro do funcionamento deste equipamento cultural.

Esta acción no auditorio de Magoi coincide no día que se cumpren 10 meses dende a recepción do auditorio. Hai que lembrar que logo da presión exercida polo PP con dous actos reivindicativos previos a alcaldesa comprometeuse a abrir esta dotación á volta do verán.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies