Servicios sociales

El PP propone la creación de un pacto municipal contra la pobreza y la exclusión

By 12 febrero, 2016No Comments

La edil popular Mari Teijeiro sugiere, entre otras medidas, el aplazamiento de pagos de recibos municipales para familias en dificultades, la creación de nuevas becas para comedor escolar y el incremento de ayudas para el alquiluer

A concelleira do Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Lugo Mari Teijeiro anunciou esta mañá en rolda de prensa que pedirá no vindeiro pleno a creación dun pacto municipal contra a pobreza e a exclusión cunha ducia de medidas de actuación.

Teijeiro explicou que este plan contempla accións específicas para familias como a posibilidade do aprazamento de pagos dos recibos municipais naqueles casos nos que se atopen en difícil situación, o incremento da partida de axudas de emerxencia social ata os 300.000 euros, a creación dun convenio marco de apoio ás familias para conseguir alternativas que permitan cubrir situacións de endebedamento e outras necesidades ás que o Concello non poida dar resposta.

Un segundo eixe deste programa oriéntase á atención á infancia tanto no ámbito alimenticio como educativo, polo que se integrará neste pacto un plan de prevención e detección de risco e exclusión da infancia nas escolas. Neste marco incorporaranse medidas como o incremento da liña de axudas para libros ata duplicar o seu importe, a creación de becas especiais para material escolar e o establecemento dunha liña específica de becas comedor nos que o Concello xestiona este servizo.

A edil popular detallou que a terceira liña de acción está relacionada con axudas no eido da vivenda, incrementando a liña para o aluguer ata os 250.000 euros e axilizando a súa resolución “para evitar que 100 familias que cumprían os requisitos quedaran sen esta axuda nos últimos dous anos”. Ademais, propón a creación dunha nova liña de axudas para o pago de fianzas en alugueres e a adaptación funcional da vivenda, así como a adquisición do mobiliario e electrodomésticos básicos, xa que “neste momento están a producirse casos de familias que non teñen dereito a axudas porque a súa vivenda non reúne as condicións mínimas de habitabilidade”. Teijeiro manifestou que “unha porcentaxe destas subvencións deberan reservarase para persoas con discapacidade, co gallo de promover a accesibilidade no domicilio”.

En cuarto lugar, aludiu á reorganización administrativa municipal, coa axilización do tempo de atención e de tramitación de axudas básicas coa reorganización dos servizos sociais municipais, así como do sistema de funcionamento nas axudas de emerxencia social “para que os traballadores poidan dispoñer dos fondos oportunos no momento oportuno, sen que non se volvan dar cheques en branco” e tamén a creación dun observatorio das necesidades sociais de Lugo, “que permita definir problemáticas, necesidades detectadas e estratexias de resposta grazas a un mapa dos recursos existentes”.

A popular asegurou que “estamos a falar de actuacións moi concretas que xorden froito do diálogo social e da análise da situación real do Concello de Lugo”, polo que demandou “sensibilidade e altura de miras” ao resto de grupos municipais co seu voto favorable. Por último, Teijeiro lembrou que a creación deste pacto “era un dos puntos fundamentais presentados ante numerosos colectivos sociais, quen fixeron numerosas achegas para esta parte esencial do decálogo-contrato con Lugo que asinara o noso candidato Jaime Castiñeira nas últimas eleccións municipais e, polo tanto, entendemos que foi maioritariamente avalado cos votos dos lucenses”.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies