CulturaServizos xeraistransparencia

El PP propone la organización de actuaciones para animar los barrios de Lugo durante el confinamiento

By 11 abril, 2020No Comments

La concejala del Grupo Municipal del Partido Popular Sagrario Sánchez explica que el Ayuntamiento de Lugo podría elaborar un almanaque de actuaciones musicales por los diferentes barrios de la ciudad para animar las tardes de los lucenses durante los días que restan de confinamiento

A concelleira do Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Lugo, Sagrario Sánchez, propón ao goberno local que deseñe un calendario de actuacións para animar os distintos barrios da cidade con música durante os días que restan de Estado de Alarma para facer máis sinxelos os días aos lucenses.

Sagrario Sánchez explica que son moitos os concellos de España que están a desenvolver diferentes iniciativas para animar as tardes dos seus veciños, desde discotecas móbiles ata pasarrúas para facer máis distendidas todas as horas que temos que pasar nas nosas vivendas.

Neste senso, a concelleira popular insta ao bigoberno a deseñar unha programación por barrios para animar cada día unha zona diferente da cidade. Incluso podería facerse coincidir o remate deste evento musical co inicio do aplauso sanitario. “Deste xeito podemos facer máis sinxelas as horas de confinamento para os lucenses, polo que o Concello debería deseñar xa unha programación por barrios e anunciala para que os veciños saiban cando lle toca ao seu barrio”, sinalou.

Sagrario Sánchez apunta tamén que o Concello de Lugo podería habilitar unha dirección de correo electrónico para que esta iniciativa sirva tamén para animar os aniversarios de todos aqueles que teñen que celebralo no confinamento. “Os pais ou familiares das persoas que cumpran anos nestes días poderían poñerse en contacto co Concello para remitir o nome da persoa que cumpre anos e o seu enderezo para que o pasar por esa zona poidan darlle unha pequena sorpresa”, afirmou.

A concelleira popular agarda que esta proposta sexa ben recibida polo bigoberno xa que “servirá para entreter aos máis pequenos” que ademais poderían saír aos balcóns ou fiestras das súas casas para cantar, bailar ou disfrazarse.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies