Deportes

El PP propone al Ayuntamiento a promoción de hábitos de vida saludables en colaboración con los gimnasios

By 4 mayo, 2021No Comments

La concejal del Grupo Municipal del PP Macamen López ve “una buena inversión” fomentar este tipo de conductas, ya que el deporte ayuda a tener una mejor salud, por lo que animar a los lucenses a recuperar el deporte en su rutina diaria es fundamental en este tiempo

A concelleira do Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Lugo, Macamen López, explica que os ximnasios de Lugo están a pasar por moitas dificultades, ao igual que moitos outros negocios, autónomos e empresas de Lugo, polo que pide ao goberno local que se deseñe unha campaña de axuda a este sector, que promovo hábitos de vida saudables entre os cidadáns.

Para Macamen López axudar a este sector é fundamental nesta época, xa que o deporte axuda a ter unha mellor saúde, polo que animar aos lucenses a recuperar a rutina de facer deporte, acudir ao ximnasio ou adoptar hábitos de vida saudables “é unha boa inversión”.

Dentro desta liña, a concelleira popular explica que o Concello de Lugo, en contacto cos ximnasios, podería realizar unha campaña de promoción do deporte e dos hábitos de vida saudables, especialmente entre nenos e maiores. Hai diversas opcións para realizar esta proposta, como a de organizar algún tipo de exhibición ou acto deportivo, sempre cumprindo con todas as medidas sanitarias, en espazos públicos e abertos. “Sacar a actividade deportiva á rúa no verán, en coordinación co Concello, pode ser un bo camiño para que a xente vexa estas actividades como algo seguro e así recupere hábitos de vida saudables”, sinala.

Tamén se podería estudar outro tipo de actos, como que durante o 2022 o Concello organice xornadas biosaudables a través do deporte. “É preciso axudar á xente a perder o medo para que poidan comezar a saír de casa, sempre con seguridade, recuperar o movemento e hábitos saudables, xa que hai moitos cidadáns que non saen por medo”, lamentou.

Doutra banda, dende o propio Concello de Lugo debería de revisarse as taxas que se aplican a este tipo de establecementos, xa que, por exemplo, están a pagar a mesma taxa no recibo da recollida lixo ca un supermercado, cando xeran moitos menos residuos. Tamén sería posible estudar que se eleve unha petición ao goberno central para que efectúe unha baixada do IVE nestes establecementos ao 10%.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies