El Grupo Popular también defenderá en la sesión del próximo jueves una iniciativa en la que insta al gobierno local “a crear una línea de becas de comedor escolar mientras no se implantan las tarifas progresivas en función de las rentas de las familias”
O Grupo Popular solicita que o goberno local elabore un Plan Global para mellorar o deseño e as condicións de drenaxe así como o mantemento dos sumidoiros da cidade. O voceiro dos populares Antonio Ameijide suxire traballar en tres direccións: a primeira analizar se é necesario modificar deseños nas rúas onde son frecuentes as inundacións; en segundo lugar, estudar a implantación de medidas de drenaxe, máis eficaces, das augas pluviais e, por último, realizar un mantemento periódico, máis exhaustivo, dos sumidoiros.
“Tendo en conta que podemos consultar a previsión do tempo hai que establecer unha rutina para que os sumidoiros destas localizacións estén perfectamente limpos durante todo o ano” indicou Ameijide. O popular salientou que para evitar que se tupan os sumidoiros habería que facer unha revisión dos puntos máis conflictivos cando hai previsión de treboadas ou das trombas de auga” explicou o voceiro popular.
O Grupo Municipal elaborou un mapa provisional deste puntos negros onde se acumulan grandes bolsas de auga como son: Fontiñas, Duquesa de Lugo (á altura do MIHL e entre as pontes de Paradai); enlace Alfonso X con N-VI; Fermín Rivera (altura da capela), Avenida da Coruña ou nas Areiras (urbanización Louzaneta), algunha zona de Camiño Real.
Para o Partido Popular outra acción importante de cara ao vindeiro curso escolar é crear unha liña específica de Becas Comedor mentres non se implantan as tarifas progresivas en función das rendas das familias. Neste momento os prezos estipulados dos comedores, tal e como está redactada a Ordenanza que aprobou o goberno socialista, son discriminatorios e inxustos, concluiu o voceiro do PP.
Outra das propostas do PP ten que ver coa riqueza e a posta en valor do patrimonio natural que hai no municipio. Dende o Grupo Popular suxiren actualizar a guía que se fixo no Plan Director do Parque Rosalía de Castro co obxecto de que se identifiquen as árbores máis singulares deste espazo verde de Lugo con placas con códigos QR. “Hai un traballo feito e, agora, temos que ser capaces de dárlle forma para amosar dunha forma sinxela e didáctica o ecosistema que temos na cidade” reflexionou Ameijide que tamén apuntou que “se podería abrir o proxecto a outros colectivos como o Campus Terra ou centros educativos do municipio interesados nesta acción divulgativa”.