ProposicionesZona Rural

El PP propone ceder el uso de las cerca de 1500 parcelas municipales del rural a los lucenses que impulsen en ellas actividades agroganaderas y forestales

By 30 octubre, 2019No Comments

El concejal popular Manuel López asegura que este programa de movilización de tierras “contribuiría a poner freno al abandono del rural y para prevenir incendios forestales” y considera que el ayuntamiento “debe implicarse al máximo para que las parroquias de Lugo no esmorezan”

O Partido Popular propón desenvolver un programa de movilización de terras e parcelas, de propiedade municipal abandonadas e improductivas, para que os veciños das parroquias as poidan utilizar potenciando a actividades agrogandeiras e forestais.

O concelleiro popular Manuel López explicou que esta iniciativa ten como obxectivo “poñer en valor os terreos e dinamizar o rural así como previr a loita contra os incendios o que suporía un aforro en limpeza, desbroce dos predios …”. Outra das finalidades deste programa é dar seguridade aos veciños que na actualidade xa están utilizando estas parcelas “nese caso habería que respectar o uso pero dándolles unha garantía”.

O edil do PP explicou que “segundo o inventario municipal nos montes comunais do municipio contamos co 1094 parcelas cunha extensión total de 571 hectáreas. Dentro desta bolsa de terras propiedade do concello distinguimos 101 parcelas, cunha extensión similar á dun campo de fútbol, co que servirían perfectamente para dárlles un uso agrícola. A maiores dos montes comunais o concello tamén dispón de 353 parcelas rústicas de titulariedae municipal que ocupan 110 hectáreas.

Manuel López explica que “sabemos que non é unha tarefa doada” aclarando que “se queremos evitar que as 54 parroquias do concello esmorezan é preciso actuar xa”. Para López “un concello como Lugo no que o rural ten un peso tan importante debe responsabilizarse e apoiar medidas que lle sexan beneficiosas”.

Para a posta en marcha deste programa de movilización de terras e parcelas hai que avanzar en varias direccións “a primeira é facer unha actualización da situación actual das parcelas de titulariedade municipal: saber se están plantadas, se son pasteiros, están baldías, se teñen vexetación espontánea e, incluso tamén debemos chequear aquelas que están usando os veciños co ánimo de dárlle unha seguridade xurídica e mesmo correxir erros catastrais”. En definitiva hai que facer unha radiografía de como están as propiedades do concello na zona rural e unha vez feito este mapa determinar aqueles predios que se poden ofertar para dárlles un uso agroforestal ou gandeiro.

López rematou asegurando que o seu grupo presenta esta iniciativa ao pleno porque considera que “é preciso atallar a dinámica negativa de despoblación e de abandono das terreas con políticas activas claras” engadindo que “cada administración debe poñer o seu grao de area”.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies