InfraestructurasMedio AmbienteParques infantís

El PP propone humanizar el tramo de Quiroga Ballesteros entre San Froilán y Bolaño Rivadeneira

By 18 mayo, 2021No Comments

Los populares, aprovechando la obra de la peatonalización de la calle Quiroga Ballesteros “piden al bigoberno que le dé continuidad la esta intervención con una plaforma única”

O Grupo Popular pide ao bigoberno que lle dea unha pensada á organización da mazá de Quiroga Ballesteros e que “aproveitando a intervención que o bigoberno está facendo no primeiro tramo desta vía” solicitan que “se lle dea continuidade ata o final da rúa e se humanice o treito que une San Froilán e Bolaño Rivadeneira”.

Antonio Ameijide indicou que esta ampliación da intervención para crear máis espazos peonís debe incorporar o Xardín dos Coios situado na traseira do Cuartel de San Fernando, na rúa Quiroga Ballesteros. “Este espazo inútil é pasto da maleza e do lixo e non invita aos veciños a usalo xa que é pouco acolledor para pasar un rato”. “Propoñemos crear unha área de xogos infantís combinada con zona biosaudable” apuntando que no casco histórico hai déficit deste tipo de instalacións “só dous parques infantís, no Cantiño e Campo Castelo, e cero áreas biosaudables”.

Os populares explicaban que a intervención consistiría en crear unha plataforma única “na que habería que habilitar e garantir unha amplia zona de carga e descarga e zona de servizos para recados e compras”. O concepto de servizos inclúe todo o preciso para manter a actividade económica dos negocios que hai na zona así como dos veciños afectando a actividades de mensaxería, reparto a domicilio, mudanzas, entre outros.

Ameijide lembou como “no ano 2016 no PP xa tíñamos claro como queríamos proxectar este novo espazo público e así o presentamos aos medios de comunicación”. Con esta intervención, os lucenses gañaríamos un espazo público duns 1.600 m2,  unha superficie similar á  que ocupan os xardíns da Praza do Ferrol”.

Esta proposta enmárcase dentro da filosofía do Partido Popular de levar a cabo actuacións urbanísticas que melloren a cidade creando novos espazos de convivencia e equipamientos públicos que revitalicen e solucionen os problemas do Recinto Histórico. Esta intervención ten como finalidade “ofrecer un espazo público pensado para as persoas así como redinamizar a actividade socioeconómica desta zona potenciando a seguridad do seu entorno onde se ubica un colexio público”.

Valoración renovación Quiroga Ballesteros

Con respecto á polémica da chapuza de deixar os cables sen soterrar, os populares lembran como en setembro de 2020 tanto PSOE como BNG votaron en contra dunha iniciativa que levábamos para soterrar “de forma gradual o cableado”. Por ese motivo Ameijide declaraba “que podemos esperar dun bigoberno que tumba unha proposta como esta encamiñada a acabar co feismo”. O PP, entre outras cuestións, solicitaba a elaboración dun mapa identificativo das zonas onde actuar pero “o que non agardábamos é que en intervencións novas, como esta, non fosen quen de previr a retirada dos cables”.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies