Los populares avanzan que se el bipartito quiere que llevemos propuestas serias a la Comisión de Fiestas convocada para mañana “antes debería detallarnos el modelo de patronales que tiene en mente”
O PP acudirá á Comisión de Festas que está convocada para mañá con espírito constructivo pero manifestan o seu temor a que se repita “a matraca de todos os anos: invitación á mesa de cara á galería para logo deseñar unhas festas cutres e que cada vez van a menos”.
No PP pídenlle ao bipartito “que muden o sistema de traballo e que recuperen o modelo de Comisión de Festas aberta e participativa para que o San Froilán sexa de novo unha festa de todos e non só da parte nacionalista do bipartito”.
Para os edís do PP, a alcaldesa de Lugo non debería permitir que “por intereses partidistas se acabe cunha das festas con máis tradición de Galicia”. “Non nos vale o argumento que cada parte do bigoberno ten unhas competencias, para o PP as patronais foron sempre unhas festas de todos e para todos”. “Se para o Caudal Fest, que é en setembro, xa está todo pechado que podemos esperar para o San Froilán do que nada se sabe ainda” pregúntanse os populares. “Esta ben fialo todo ao bo tempo e ás ganas de disfrutar dos lucenses”.
Entre as propostas que o PP achegará mañá á Comisión de Festas figura: axilizar a posta en marcha do novo Auditorio de Magoi para traer unha gran actuación de tirón; elección do pregoeiro ou pregoeira do San Froilán así como o da oferente do Domingo das mozas chegando a un consenso; dar un maior protagonismo á música das Bandas nos palcos, tanto da Praza Maior coma do Parque Rosalía de Castro, con invitación a agrupacións dos municipios da contorna; promover un festival de folclore no que se reúnan grupos de danza de Galicia y de toda España, así como programar actividades de mostra pública de todas as disciplinas deportivas diferentes (sobre todo as minoritarias).