Economía

El PP propone medidas para apoyar la hostelería y al pequeño comercio de Lugo afectado por el cierre de la Covid

By 9 noviembre, 2020No Comments

El portavoz del PP asegura que la administración más cercana tiene instrumentos para colaborar con los autónomos y empresas vinculadas a la hostelería, distribuidores, comercio local y otras actividades que acrediten pérdidas a consecuencia de la pandemia sugiriendo “reducir, hasta el 100% en caso alguno, la tasa de residuos, agua y alcantarillas, prolongar la exención del pagado de terrazas durante 2021 y bonificar el IBI anual a los locales comerciales o hosteleros”

O Partido Popular presentará unha iniciativa cun Plan de medidas para apoiar a hostalaría, distribucción, pequeno comercio de Lugo e outras actividades que acrediten pérdidas como consecuencia da pandemia. O voceiro popular Ramón Carballo propón rebaixar  impostos como por exemplo o da recollida de lixo “queremos que non se lles cobre a parte proporcional da cuota dos días que peche tanto por decreto como por se ten que baixar a persiana por un positivo de covid que obrigue ao peche do negocio”.

Outra medida é a relativa ao uso de espacio público por terraza. O PP ao contrario que o goberno de Lara, que propón empezar a cobrar e subir as taxas en xaneiro, propón que os hostaleiros estén exentos deste imposto ata o verán de 2021. Como terceira medida o Grupo Popular reclama bonificacións, proporcionais co peche, no IBI anual aos locais comerciais ou hostaleiros con actividade.

O voceiro popular xustificaba estas propostas manifestando que “sen dúbida, o impacto desta crise está a ser enorme nun dos sectores máis importantes da nosa cidade e os traballadores e responsables dos comercios, bares e restaurantes que tiveron que pechar as súas portas  están sen ingresos, con todo o que esto conleva”.

Carballo tamén lembrou como unha das prioridades do seu Grupo, e que xa plantexou nas achegas para elaborar os orzamentos de 2021, é a creación dun Fondo Covid 19 de 5M€ para os sectores económicos máis castigados pola crise con axudas directas para pagar seguros sociais, gastos fixos ou o pago de préstamos, aplicable segundo o tamaño da empresa e para perdas de máis do 50% dende marzo de 2020

Outro aspecto que a xuizo do PP, neste momento, é máis necesario que nunca é a potenciación da Mesa Local de Comercio para que funcione como unha canle eficaz de intercambio de información e propostas cos representantes do comercio. “É imprescindible manter un contacto directo con comerciantes e hostaleiros, escoitalos e definir conxuntamente accións para colaborar co sector de cara a campaña de Nadal e para estar preparados para cando volva a normalidade”.

O Partido Popular presenta este paquete de accións para un sector que viu como a súa actividade se reducía por mor da pandemia “os meses de confinamento, a baixada  dos aforos nos negocios e as limitacións de mobilidade impedía acceder aos clientes aos seus establecementos. Por poñer un exemplo un local de hostalaría, de entre 200 a 400 m2, pagará por tres trimestres de lixo e auga 871€ aos que hai que sumar o IBI. Nun caso similar está un local de ocio nocturno que pagaría 943,50€ de lixo e auga e a maiores o IBI do local. Carballo explicaba que “os cartos que recibiron do Plan Reanima de Lara Méndez non lles cubren nin as taxas municipais. O que ingresaron do Concello se lles volve a ir pagando impostos municipais”.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies