El concejal popular Antonio Ameijide afirma que los vecinos tienen problemas de visibilidad en la confluencia con el Carril de la Encrucilladas donde piden un espejo y también la señalización horizontal, tanto de carriles como de nuevos pasos de peatones.
O Gmpp propón un paquete de medidas para mellorar a seguridade vial na rampa de Claudio López e no Carril das Encrucilladas. O concelleiro do PP Antonio Ameijide indicou que “hai problemas de seguridade vial e de visibilidade na confluencia de ambas vías e, nese senso, solicitarán un espello para facilitar as incorporacións e entradas de vehículos neste punto”. O edil do PP tamén avanzou que é preciso “pintar adecuadamente a sinalización horizontal para remarcar que hai dous sentidos de circulación no Carril das Encrucilladas”. Ameijide matizou que “se trata dunha vía estreita e de dobre dirección que rexistra moito tránsito de vehículos tendo en conta que por ela se accede aos garaxes de varios edificios que hai na mazá”.
Outra medida que suxire o edil do Partido Popular é “o pintado de pasos de peóns na Rampa de Claudio López indicando que se estude a posibilidade de situalos á altura dos números 1-3 e 17-19”.
O popular explicou que estas demandas son unha vella reivindicación veciñal salientando sobre todo os problemas do carril das Encrucilladas onde “por mor dos estacionamentos indebidos e o exceso de velocidade se provocan situacións de perigo para os peóns e tamén molestias aos residentes polas dificultades para acceder a portales e garaxes da zona”
Antonio Ameijide explicou que todo este paquete de medidas se incluirán nun rogo para debatir en comisión “estamos falando de accións que teñen un custe mínimo para as arcas municipais”.
Esta proposta na Rampa de Claudio López súmase a outras peticións presentadas polo Grupo Popular en aras a mellorar a seguridade vial do entorno de San Roque como a de instalar novos semáforos con ámbar para advertir do risco de interseccións especialmente difíciles como a de San Roque – Marina Española – Pena do Rei. “Estamos a falar de que un simple dispositivo en ámbar provocaría que os condutores transitasen con máis atención e consciencia do perigo”, apuntou.
O popular tamén explicou que outro dispositivo que melloraría a seguridade vial na zona sería permitir de forma permanentemente o xiro á esquerda para quen accede á rúa Catasol dende o carril Catasol, dando máis fluidez de tráfico á zona.