Los populares aseguran que el decreto del gobierno de ayer “deja a los pies de los caballos a cientos de autónomos y pymes del municipio” ya que las bases del programa municipal de impulso económico, luego del decreto que se publicó ayer, “no responden la situación real de numerosos trabajadores del sector de la construcción”
O Partido Popular solicita un cambio das bases do Reanima Lugo para facilitar que os autónomos e pequenas empresas afectadas polo último decreto do goberno, que lles impide facer traballos en edificios habitados, poidan acceder a liña das axudas deste programa municipal dotadas con 1.200 €. Na actualidade este colectivo só pode aspirar a conseguir axudas de 750 € e condicionadas a que xustifiquen perdas nos ingresos dun 70%.
Para os populares a redacción do Reanima Lugo demostra “o descoñecemento da alcaldesa e o seu socio de goberno de como funciona a economía lucense e este sector da construcción ” xa que “o habitual, en autónomos e pemes da construcción, é que o que se factura nun mes son os traballos feitos un ou dous meses antes, polo que están agora facturando traballos previos ao confinamento”. Ameijide sinalaba “a baixa forte na facturación está por vir nas vindeiras semanas, polo que é imposible que a poidan xustificar de acordo coas bases aprobadas pola alcaldesa”.
Os populares solicitan as máximas axudas directas para este colectivo que “non gaña senon traballa” matizando “algo, a todas luces complicado logo do decreto de onte do gobernó” e por eso reclaman “que se modifiquen as bases de xeito inmediato para dar oportunidades a este colectivo”. Neste intre ainda que “son esenciais non poden ir a ningunha vivenda ou edificio habitado a traballar. Seguen pagando pero sen facturar”, reflexionaba o popular.
O Partido Popular tamén amosou a súa preocupación diante do feito de que “as axudas anunciadas polo concello de Lugo, ao amparo do programa Reanima Lugo, exclúan ás asociacións sen ánimo de lucro”.
Os populares aseguran que “hai casos de entidades que quedan fóra desta convocatoria de forma inxusta”. Nese senso citan como exemplo a Apnais “estamos a falar dunha entidade que ten preto de medio cento de empregados e que ofrece diferentes servizos como o de lavandería, xardinería, carpintería, taller … e que se viu obrigada a parar a súa actividade polo estado de alarma decretado pero que continúa pagando os salarios do persoal que está nestes servizos. Nestas últimas semanas os ingresos, polas prestacións que ofrecían, mermaron de forma considerable ou desapareceron por completo nalgúns traballos que ofertaban.
Dende o PP poñen de manifesto que este non é o único caso xa que hai moitas outras entidades sen ánimo de lucro que ofrecen serivzos terapéuticos, centros de día … servizos polos que non poden facturar ainda que si manteñan e paguen ao seu persoal.