Los populares quieren que se reduzca la tasa de basura a locales, instalaciones o establecimientos afectados por la suspensión de actividad incluida en el Decreto de Alerta así como la suspensión del cobro de las tasas por ocupación de la vía pública con terrazas
O voceiro do Grupo Popular achegou ao goberno local un paquete de medidas que teñen por obxecto dar un respiro aos lucenses, autónomos e pymes da cidade. Entre as propostas económicas que presentan os populares figura, ademáis do aprazamento do pago de impostos municipais así como a revisión dos prazos doutras taxas e recibos que se veñen de anunciar, establecer a suspensión ou reducción de varias taxas e impostos xa que “estas non poden ser un problema engadido ao que xa estamos a vivir” reflexionaba o voceiro dos populares.
Entre outras rebaixas os populares citan “a reducción da tasa de lixo a locais, instalacións ou establecementos afectados pola suspensión de actividade incluida no Decreto de Alerta”.
Do mesmo xeito plantexan a suspensión do cobro das taxas por ocupación da vía pública con terrazas. Tamén, para aliviar a economía de fogares, empresas e autónomos, proponen aprazamentos nas cuotas de impostos e taxas como o IBI e a rodaxe.
O voceiro popular tamén pide ao concello de Lugo axilizar o pagamento a proveedores fronte ao Covid-19 manifestando que “neste momento o concello de Lugo ten que facer todo o que esté nas súas mans para aboar as facturas de servizos e suministros no mínimo tempo posible trala súa conformidade”. Os populares cren que é necesario implementar accións encamiñadas a facilitar a situación das diferentes empresas do entorno e nese senso trasladarán esta petición á alcaldesa para que os proveedores cobren rápido e teñan liquidez. “O mellor que podemos facer polos autónomos e empresas que traballan para o concello é pagarlles o antes posible o que se lles debe para que teñan liquidez para afrontar esta crise”.
Dende o PP tamén se solicita que se analice a diario a ocupación das liñas de autobuses e, se é preciso, se elabore un plan de reforzo extraordiario nas liñas que comunican a cidade co Hula co obxecto de asegurar a mobilidade do persoal e usuarios do centro sanitario con todas as súas garantías. Sería necesario monitorizar e analizar o uso destas líneas que van ao hospital co ánimo de garantizar que o persoal e usuarios, que utilizan o transporte público, garden as distancias mínimas xa que “parece ser que en horas punta podería haber problemas para manter a distancia de seguridade aconsellable”. O popular tamén pediu un chequeo similar coas liñas de buses que van ao polígono de Gándaras e O Ceao.
O voceiro popular puxo sobre a mesa a posibilidade de habilitar un número de teléfono municipal para que os veciños que o precisen, como maiores que viven sós, poidan pedir apoio para a compra de alimentos ou de mediciñas. Os populares tamén amosaron a súa preocupación polo centear de usuarios do SAF que se deron de baixa do servizo e reclama que de xeito inmediato o goberno local proceda a dotar con material suficiente ao persoal dado que “a vontade é cumprir co traballo asigando e poder axudar en estado de emerxencia”.
Por último, os populares tamén solicitaron incluir na página principal da páxina web do concello información, medidas, consellos e enlaces de interese sobre o Covid-19.