Obras

El PP propone el acondicionamiento de la calle Pousadela para facilitar el acceso al Miño por la Cheda

By 6 noviembre, 2016No Comments

El  viceportavoz popular Antonio Ameijide explicó que esta es una vieja demanda de los vecinos de la Cheda puntualizando que la intervención se tendría que llevar a cabo en dos tramos “primeiro no que une a Ronda do Carme co corazón do barrio e, segundo, arranxar o treito que comunica A Cheda coa rotonda de Carrefour”. “O que pedimos é unha intervención sinxela e que dignificaría este acceso.

Hai que  retirar a maleza que invade ambos tramos da rúa Pousadela  e logo proceder a botar un rego asfáltico na zona que ten o pavimento en terra xa que cando chove se asolaga”, indicou Ameijide. O popular lembrou que nesta zona hai outra obra pendente de executar en alusión aos accesos ao paso soterrado da N-VI que comunica A Cheda co Parque do Miño, o recinto ferial e mailo Anxo Carro “levamos anos reclamando ambas intervencións e, de feito, esta última  se recolleu no plan de investimentos de 2014, que acordaron PP e PSOE, para investir os remanentes de tesourería dos exercicios precedentes”.

O concelleiro popular lamenta “a falta de visión e o nulo proxecto de cidade dos socialistas que en catro mandatos non foron quen de levar a cabo, nun prazo razoable, ningunha destas actuacións pese ás reiteradas peticións do Partido Popular”.

Ameijide ironizaba coa premura que se deu o goberno de Lara Méndez para poñer un cartel indicativo da rúa Rio Sar nunha corredoira reflexionando que “sería moito máis productivo pensar en acondicionar esta vía en lugar de sinalizar un prado”. Os populares tamén reclaman unha maior presenza policial para evitar os excesos de velocidade  que segundo os veciños se suceden na zona.

Os populares tamén solicitan que se mellore a limpeza no barrio e que se intensifique a limpeza de rúas,  colectores  así como o desbroce de maleza en vías públicas e terreos municipais. Outra obra que solicitan é a do rebaixe nos pasos de peóns situados nas rúas Eume e Landro.

Ameijide avanzou que o seu grupo pedirá en comisión a través dunha iniciativa que se leven a cabo todas estas intervencións para “dignificar e mellorar a calidade de vida dos veciños do barrio”.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies