El portavoz popular Jaime Castiñeira explicó que “a la vista del fracaso de la Comisión elevará una iniciativa a pleno para que “sea el Concello quien lidere la ordenación urbanística de la unidad de actuación CS-5 y su entorno donde están las Torres de las Cuestas del Parque”
O voceiro do Grupo Popular Jaime Castiñeira anunciou hoxe que presentará unha iniciativa a pleno para que se aprobe a modificación puntual do PXOM con unha ordenación detallada da CS-5 así como a parcela que linda co Garañón (antita CS9). Os populares afirman que é urxente iniciar este trámite así como “a suspensión de licenzas para deseñar dende o Concello o desenvolvemento urbanístico das Costas do Parque”.
Para os populares neste momento do proceso, con varias sentenzas en contra que anulan todo o desarrollo urbanístico e o convenio asinado polo PSOE en 2005, o goberno local ten que ser capaz de capitanear o futuro deste entorno “se a sabemos aproveitar as ferramentas que temos se nos brinda unha oportunidade de ouro para tirar as torres e ordenar este entorno”, reflexionou o voceiro popular.
Castiñeira pídelle á alcaldesa “altura de miras” e que convoque “se pode ser mañá, mellor que pasado, un pleno para aprobar esta modificación puntual”. O voceiro popular advirte que “se o promotor rexistra antes a súa proposta haberá que dárlle trámite e iso restaría marxe de manobra ao Concello para deseñar o entorno do Garañón. De ahí que o tempo corra en contra”. Se a alcaldesa ten unha vontade real de solucionar a desfeita urbanística debería “ter en conta esta proposición” e adiantar, canto antes, á convocatoria do pleno” destacou o voceiro popular.
A presentación desta iniciativa, por parte del Grupo Popular, rexístrase logo do fracaso de onte da Comisión do Garañón “o importante non é quen a presida, o que importan son os resultados que se obtengan” indicou o voceiro dos populares.
Outro dos parámetros que defenderon dende o Partido Popular, moito antes de que se coñecesen as últimas sentenzas sobre o Garañón, é a necesidade de analizar de forma global o problema. Nese senso, volveron insistir hoxe na contratación dunha asesoría externa que estude a anulación do convenio asinado por Orozco e cociñado por Besteiro en agosto de 2005 para construir as 6 torres das Costas do Parque, así como os custes de demolición e as posibles indemnizacións ao promotor.
Dende o Partido Popular “dende agosto do ano 2005 levamos denunciado a pantalla de formigón que os socialistas querían levantar nas Costas do Parque a conta do convenio asinado por Orozco e cociñado por Besteiro”. O problema non era o Plan Xeral do 91 senón de como se xestionou xa que “se permitiu que o volume se distribuise do xeito máis lesivo para os veciños edificando torres de 9 plantas que podían ter deseñado de forma escalonada”. “Estaban máis que advertidos do impacto e do frontón que ían construir neste punto”, concluíu Castiñeira.