La concejala popular Encarna Amigo presentó preguntas en Comisión para que el gobierno local, en colaboración con el Servicio del Hula, programe cursos para que la policía, bomberos, protección civil y el personal municipal que atiende al público aprenda a realizar maniobras de Resucitación Cardiopulmonar
O Grupo Popular solicita ao goberno local que programe cursos de formación para o persoal municipal sobre como realizar as manobras de Resucitación Cardiopulmonar e sobre como usar os desfibriladores. A popular Encarna Amigo manifestou que xunto ás instalacións deportivas, as oficinas do seminario e tamén as da Casa do Concello da Praza Maior, son as dependencias municipais que rexistran un maior número de afluencia de público “por iso é fundamental estar prevido para actuar de forma correcta en caso de parada extrahospitalaria” matizando que “os puntos de rescate cardíaco que se creen nos diferentes equipamentos municipais permitirán o acceso rápido a 1 desfibrilador”. A popular lembrou que a instalación progresiva dos desfibriladores semiautomáticos é un compromiso de pleno de xuño de 2016 e, nese senso, Amigo solicita información dos lugares onde está previsto instalar así como a data na que se colocarán estes aparatos que poden salvar vidas.
A concelleira do PP tamén pediu información dos dous equipos que o Concello tiña nas antigas dependencias policiais xa que “se están en boas condicións de uso é probable que se poidan adaptar aos vehículos policiais en eventos con gran afluencia de público como o Arde Lucus ou o San Froilán co obxecto de garantir a asistencia en casos de paradas cardíacas”.
Cada ano en España morren 24.500 persoas por unha parada cardíaca e en Europa prodúcense máis de 350.000 mortes. A posibilidade de sobrevivir a unha parada fóra do hospital se hai un acceso rápido á desfibrilación é de 3 de cada 4 casos de aí a importancia de ter a man e saber usar, de forma correcta, estes sistemas. A popular manifestou que “a experiencia acumulada nestas décadas polas unidades de coidados intensivos demostran que a efectividade da desfribilación temperá na recuperación dun ritmo cardíaco eficaz é do 90% cando isto é posible no primeiro minuto de evolución da fibrilación ventricular e esta efectividade diminúe cada minuto, cunha supervivencia dun 5 ou 10%”.
Amigo explicou que os primeiros 10 minutos da parada son vitais lamentando que a maior parte da población descoñeza como actuar ante unha situación deste tipo por iso os populares insisten en que, antes de instalar este equipamento sanitario en dependencias públicas, “o goberno local se poña en contacto co Servicio de Cardioloxía do Hula co obxeto de pedir a súa colaboración para organizar os Cursos da RCP. Contamos cuns magníficos profesionais e con gran experiencia”.