Cultura

El PP propone una prueba deportiva en el Camino Primitivo declarado Patrimonio de la Humanidad e impulsar el concurso de polbeiros

By 6 agosto, 2015febrero 2nd, 2016No Comments

Encarna Amigo anima al gobierno socialista “de llevar a cabo una mayor coordinación, innovación y control de gasto para el próximo San Froilán” aportando una batería de propuestas para mejorar la programación y organización de las fiestas patronales

O Grupo Municipal do Partido Popular fixo un avance das propostas que presentará á Comisión de Festas para mellorar a organización e a programación do vindeiro San Froilán. A concelleira popular Encarna Amigo explicou que cada grupo político ten o seu modelo e a súa fórmula para organizar as festas polo que pediu “coordinación, control do gasto e innovación para as vindeiras patronais”.

A edil do PP propuxo o impulso de novas iniciativas que revitalicen as patronais pedindo a creación dunha proba deportiva utilizando escenarios emblemáticos “precisamente este ano no que o camiño primitivo foi recoñecido como Patrimonio da Humanidade se podería aproveitar esta efeméride para organizar unha proba de triatlón: atletismo pola Muralla, bici polo camiño primitivo ao seu paso por Lugo e piraguísmo polo Miño”. Os populares tamén avogan por impulsar o concurso de polbeiros

Na Comisión Especial de festas os populares quixeron alertar dos problemas de aparcamento que poderán afectar este ano ao desenvolvemento das festas “se xa era difícil eses días aparcar no centro de Lugo  e inmediacións do recinto feiral agora, coa supresión do sistema ORA será moito máis complicado”.

Para que o tráfico sexa máis fluído os populares propuxeron o reforzo do transporte urbano e incluso a posibilidade de que durante os días das festas os buses sexan gratuítos para “desconxestionar de coches particulares o entramado urbano”.

A xuizo dos populares o control de ruídos é outro aspecto que se debe coidar “o inmovilismo do anterior goberno local que foi incapaz, en catro mandatos de  actualizar a Ordenanza de ruídos para fixar un nivel acústico que concilie o dereito dos veciños ao descanso obrigará a utilizar aos socialista a utilizar solucións parche”.

Con respecto á programación os populares suxiren entre outros puntos:

  • O ideal sería contar con actos para todos os públicos e para todos os gustos. A proposta do PP é que se contraten de concertos de tirón para recuperar as festas patronais “primando sempre a calidade fronte á cantidade” sen que supoña un detrimento con respecto aos grupos locais xa que hai espazos para todos.
  • Axilizar a disponibilidade do programa do San Froilán para difundir o máis axiña posible os actos “estamos perdendo oportunidades de promocionar a programación das festas en eventos ou feiras que se celebraron nas últimas semanas”
  • Se Lugo é a primeira provincia española en gandeiría non se pode permitir un desfile raquítico de gando para repetir o de anteriores edicións o mellor para imaxe de Lugo é suprimilo. Hai numerosas fórmulas para conseguir que sexa un acto de luza como por exemplo a través da esposorización.
  • Evitar que se solapen actos así como coincidencias de actos no mesmo día ou mesma hora
  • Co obxecto de evitar que se anulen concertos ou actos ao aire libre como consecuencia do mal tempo ter disponibilidade de carpas
  • Préstamo gratuíto de cadeiras para persoas con mobilidade reducida, maiores …
  • Revisar a ubicación do lanzamento dos fogos de artificio
  • Acurtar o prazo de instalación das atraccións
  • Apertura baños parque Rosalía de Castro así como colocación de sanitarios móviles no recinto feiral evitando que se ubiquen xunto a monumentos emblemáticos.

Por último o Grupo Popular insiste en que o goberno local debería  buscar fórmulas para que as festas se autofinancien lembrando que “con gobernos do PP non custaban nada aos lucenses e eran bastante mellores que as dos últimos anos”. Os populares puntualizaron que a tardanza en convocar a Comisión Especial de Festas a tan só dous meses do seu comezo “deixa unha marxe de tempo para facer suxestións aos grupos da corporación. Maila esta demora o Grupo Popular quere contribuir con todas estas propostas para que sexan un éxito”.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies