Urbanismo

O PP propón unha reunión urxente entre Concello e Confederación para desbloquear o 5% do PXOM

By 17 octubre, 2023No Comments

• O Grupo Municipal do PP vén de rexistrar un rogo para que “se impulse un grupo de traballo bilateral con representantes do Concello e da Confederación que analice e solucione as deficiencias da documentación que o goberno local enviou a CHMS”

• Para os populares “a situación do PXOM de Lugo só se pode desbloquear cun traballo coordinado” engadindo que “para poder solventar de xeito defintivo o PXOM, faise imprescindible que CHMS e Concello acorden en reunións de traballo conxuntas cómo o goberno local debe de abordar as discrepancias existentes na documentación para dárlle integridade o PXOM, así como de que xeito no que teñen que presentar os documentos”

• Os populares afirman que “para nós aprobar o 100% deste documento é un asunto prioritario polas repercusións económicas e o impacto que ten nun sector moi importante en Lugo” engadindo que “ademáis hai moitos lucenses agardando a que se dé luz verde ao planeamento xa que o seu proxecto de vida ou negocio depende dunha licenza.

• Os populares explican que este novo revés ao 5% do Plan Xeral suporá que Lugo terminará o 2023 sen ter aprobado o documento urbanístico máis importante que ten nas súas mans, sumando 12 anos á cronoloxía dun trámite que xa tiña que estar concluído hai tempo”

Leave a Reply

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies