Personal

El PP quiere saber quien manda en Urbanismo y pide a Méndez que se retracte en la polémica con el COAG

By 15 febrero, 2021febrero 17th, 2021No Comments

El concejal popular Antonio Ameijide asegura que es llamativo que la alcaldesa desacredite a Miguel Couto “el único edil que demostró interés por acabar con el colapso de las licencias urbanísticas de 20 años de gobiernos socialista” desmantelando la reestructuración del servicio propuesta por el concejal e imponiendo su criterio en las jefaturas

O Partido Popular cre que o conflicto da alcaldesa co COAG destapa a “guerra interna” entre Méndez e o concelleiro de urbanismo Miguel Couto. Antonio Ameijide asegura que “probablemente, a alcaldesa, ao verse ameazada pola xestión que estaba levando a cabo o edil impuxo o seu criterio á hora de nomear o Xefe de Servizo, deixándoo aos pés dos cabalos, desacreditando o seu traballo”.

“Estamos falando dun dos concelleiros máis valorados pola cidadanía e do único que ten certo interese e gañas de traballar para desbloquear o colapso que hai no concello a conta da concesión de licenzas, bloqueadas pola falta de xestión dos socialistas durante anos” resumiu Ameijide.

Os populares avanzaron que “a situación que se plantexa co COAG é esperpéntica e dañina para a imaxe da institución”. Por este motivo  o Grupo Popular acaba de presentar un rogo en Comisión, primeiro, para que a alcaldesa de Lugo “se retracte do arrebato que acabou co enfrontamento co Colexio de Arquitectos” asemesmo piden que aclare “quen manda no departamento de urbanismo xa que todo indica que a alcaldesa quere asumir esta competencia” e, en segundo lugar, os populares queren que o concelleiro de urbanismo se pronuncie sobre esta situación “para coñecer a súa versión”.

Para Ameijide a consecuencia desta manobra da alcaldesa o único que vai provocar é “unha desmotivación absoluta ao responsable de urbanismo” xa que “o desautorizou diante de todo o gremio da arquitectura e o sector da construción en xeral”.

Os populares tamén  recriminaron a dobre vara de medir da alcaldesa na defensa dos funcionarios “mentres emprende persecucións contra algúns” e pregúntase “se esta desautorización non terá máis que ver coa pugna das correntes Besteiro vs Caballero que co traballo e as decisións do concelleiro.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies