Tras conocerse que las caldas del Miño incumplen la normativa estatal de temperatura
O Grupo Popular teme que a voráxine de inauguracións que, nos últimos días, está protagonizando a alcaldesa de Lugo nos poda custar moitos disgustos aos lucenses.
“Entendemos que a Lara Méndez esté nerviosa e que necesite demostrar que fixo algo neste mandato para xustificar o seu soldo” pero advirten que “pola mala planificación e falta de organización poderían estar cometendo erros de principiantes abrindo instalacións que incumpren a lei”.
Nese senso e, tras coñecerse que os spas de auga quente da billa que se veñen de inaugurar no paseo do Miño incumpren a norma estatal da temperatura da auga, dende o Partido Popular piden a Lara Méndez que aclare se xa está correctamente homologada e certificada a madeira que se utilizou para a construción do edificio impulso verde que hoxe se inaugura”.
“Resulta un insulto e unha falta de respecto aos lucenses que nos priven durante meses de instalacións para montar, a menos de 2 meses das eleccións, repartos de bocadillos, chocolatadas e festas con fondos públicos para abrir espacios que deberían estar en funcionamento dende hai tempo”.