Los populares comprobaron hoy como siguen activos estos intentos de extorsión por parte de los gorrillas, llegando uno de ellos a afirmar sin reparos que “vino a ‘trabajar’ a Lugo porque en Zaragoza tiene a la Policía Local vigilando todo el tiempo”
Os gorrillas seguen a facer das súas nos arredores do Hula e no Leiraparking, sendo incluso un concelleiro do Grupo Municipal do PP obxecto deste intento de extorsión esta mesma mañá.
De feito, os populares comprobaron esta mañá como seguen a sucederse estes intentos de extorsión por parte dos gorrilas. Nun destes intentos de extorsión un dos gorrillas asegurou que “veu a Lugo a ‘traballar’ dende Zaragoza xa que aquí pode realizar esta actividade con tranquilidade, mentres en Zaragoza teñen á Policía Local vixiando todo o día”.
Unha extorsión que sufrimos todos os lucenses xa que Lara Méndez segue a ser cómplice desta actividade ilegal ao mirar cara outro lado, permitindo esta actuación para non crear novas friccións cos seus socios de goberno do BNG.
Situación que se pon de manifesto con que Lugo segue sen contar con cámaras de vixilancia para poñer coto a esta actuación, a pesar de que Lara Méndez anunciou en marzo deste ano que se instalarían estes elementos para controlar e disuadir deste tipo de actuacións. “Demóstrase unha vez máis a pouca fiabilidade e credibilidade que ten Lara Méndez”, sinalan, despois de comprobar como o que parecía unha rectificación por parte da alcaldesa foi, unha vez máis, “unha bomba de fume para gañar un titular dun día”, polo que os concelleiros populares queren saber en que punto se atopa a tramitación dos permisos necesarios para a instalación destas cámaras.
Os concelleiros do Grupo Municipal Popular levan anos reclamando a instalación de cámaras de vixilancia para garantir a seguridade dos lucenses que van ao Hula e tamén que se dote á Policía Local de ferramentas legais para poder perseguir esta extorsión que afecta a todos os lucenses.
Limpeza e aseo urbano do entorno do Hula
Os concelleiros populares tamén reclaman unha mellora importante da limpeza no entorno do centro hospitalario, onde o lixo e a maleza son os tristes protagonistas nun punto onde a pulcritude e a limpeza deberían ser a imaxe dominante.