CulturaEconomíaInfraestructurasLimpezaMedio AmbienteObrasParques infantísPersonalSeguridadServicios socialesServizos xeraistransparenciaTransporte UrbanoTurismoUrbanismoXuventudeZona Rural

El PP reclama a PSOE y BNG una política de consensos ya que lo que va de mandato “es para olvidar”

By 14 junio, 2021octubre 26th, 2021No Comments

Coincidiendo con el ecuador del mandato, el portavoz del Grupo Popular Ramón Carballo presentó el resumen de los dos años de Lara Méndez y Rubén Arroxo con un TOP 12 de las historias sin resolver, enquistadas o para olvidar de este bipartito

O Grupo Popular escolleu o xardín do CEI-Nodus como punto de encontro coa prensa para presentar o balanzo dos dous anos do bigoberno de Lugo.

O voceiro popular Ramón Carballo acompañado polos concelleiros do Grupo Popular iniciou a súa comparecencia preguntándose “que é o que podemos esperar dunha alcaldesa socialista e do seu socio nacionalista de goberno que autorizan un gasto de 45.000 € para a compra das cadeiras e das sillas de luxo que colocaron neste espazo”.

Carballo recoñeceu que o último ano de goberno non foi doado pola crise económica pero esta situación “non pode utilizarse como disculpa para censurar algunhas accións protagonizadas por Lara Méndez e Rubén Arroxo.

O voceiro popular resumía estes dous anos de bigoberno nun Top 12 no que resumiu o que deron de si estes dous anos de mandato compartido por Méndez e Arroxo.

 

TOP 12 DA ESQUERDA DO PSOE-BNG NO ECUADOR DO MANDATO NO CONCELLO DE LUGO (2019 -2021)

  1. Coa esquerda do PSOE e BNG Lugo ten o goberno máis caro da historia. Gasta 3.8 M€ en dedicacións exclusivas e asesores para o PSOE e o BNG. E, por riba, en plena pandemia Méndez e Arroxo subíronse o soldo un 2% e tamén presupostaron a compra de coches de alta gama por máis de 103.000 €.
  2. Coa esquerda do PSOE e BNG Lugo ten dous gobernos distintos. PSOE e BNG defenden dous proxectos diferentes dos que fan autobombo a diario e por separado.
  3. Coa esquerda do PSOE e BNG hai un uso abusivo dos contratos menores . Un informe do interventor municipal certificaba a existencia de fraccionamentos de contratos uso excesivo de contratos menores por parte, dos concelleiros socialistas e nacionalistas.
  4. Coa esquerda do PSOE e BNG os lucenses quedamos hipotecados xa que pola súa neglixencia pagaremos indemnizacións millonarias a conta da fábrica da luz (2,5M€) e, tamén, teremos que asumir o custe da demolición das torres do Garañón.
  5. Coa esquerda do PSOE e BNG se privatizan servizos. Nestes dous anos de mandato externalizouse a atención das avarías de auga na rede; a inspección de tributos, e no punto de mira, arestora, a unidade de atención temperá.
  6. Coa esquerda do PSOE e o BNG segue a delirante xestión de persoal municipal. A nova RPT non solucionou os graves problemas de funcionamento interno do concello; aumentaron os postos de libre designación; os nomeamentos cuestionables como a función que asignaron de Coordinador de urbanismo ao interventor; ou sentezas que os deixaban en evidencia como a que lles obriga a readmitir á xefa de persoal que fulminaron nunha caza de bruxas sen precedentes utilizando argumentos basados en valoracións subxectivas.
  7. Coa esquerda do PSOE e o BNG seguimos con infraestructuras prometidas que nunca chegan: os últimos exemplos: a súa incapacidade a hora de abrir o novo auditorio de Magoi (cumpre este mes de xuño un ano pechado dende que o Concello recibiu as chaves de mans da Xunta) ou o incomprensible retraso para acondicionar unha praia fluvial no Miño.
  8. Coa esquerda do PSOE e o BNG seguimos cos despropósitos dos proxectos financiados con fondos europeos. Aí temos as caldas do Miño que non deixan de ser piscinas de auga do grifo quentadas cun quentador; o millón de euros da pasarela NVI ou a controvertida obra do carrilbici que anula prazas de aparcamento sen dar alternativas aos conductores.
  9. Coa esquerda do PSOE e o BNG Lugo paga 34 M€ anuais de reparos de legalidade en contratos caducados. Seguimos cos mesmos servizos prorrogados e volven a incumprir a súa promesa de axilizar a licitación de servizos. O último fiasco o contrato da basura que leva un ano tramitándose.
  10. Coa esquerda do PSOE e o BNG Lugo é a única gran cidade de Galicia que sigue se adherirse á rede de VioGén así como a Rede de Municipios contra a Violencia de Xénero, iso por non falar do colapso en servizos sociais con cambios de xefes de servizo, a un por ano, que se traduce en retrasos en citas de dependencia e outros casos de emerxencia.
  11. Coa esquerda do PSOE e o BNG hai cacicadas para gañar o voto da zona rural. Asfaltados á carta, falta de control dos vertedorios, deficiente sinalización e a redución de servizos para as parroquias co peche “por decreto” de 7 escolas rurais que funcionaban como centros de convivencia.
  12. Coa esquerda do PSOE e o BNG fracasa a implantación electrónica e certifícase falso progresismo xa que non se buscan consensos co grupo que máis concelleiros ten na corporación senón que se impoñen o rodillo.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies