EconomíaInfraestructurasUrbanismo

El PP reclama al bigoberno un plan urgente de reparaciones de aceras en mal estado para evitar caídas y reclamaciones contra el Ayuntamiento

By 13 septiembre, 2022No Comments

El PP alerta que en el primer semestre de 2022 “las reclamaciones resueltas, por 3 caídas en vía pública por falta de mantenimiento, por dos filtraciones de agua y por una mala gestión de un puesto de la plaza, nos costaron a los lucenses casi 50.000 euros”

O Partido Popular reclama que se tomen medidas para evitar as caídas, tropezóns e resbalóns en vía pública e, nese senso, solicita un plan urxente de reparacións de beirarrúas en mal estado para frenar as reclamacións cidadáns. “Hai exemplos de falta de mantemento por todos os barrios” explicou a popular quen detallaba como “a factura de responsabilidade patrimonial subió de forma alarmante neste primeiro semestre de 2022”.

A concelleira popular Mar Carballas subliñou que “en 6 meses levamos pagado máis que en todo o ano pasado por reclamacións contra o Concello”. “Dende xaneiro ata xuño deste ano a factura foi de  48.944,45 €, 10.500 M€ máis que a factura completa do 2021 que foi de 38.410,78 €”

A popular aclara que “o caso é que goberno local só estimou 2 das 5 reclamacións que se presentaron neste semestre” indicando que “3 delas resolvéronse a favor do cidadán nos xulgados”.

Dase a circunstancia ademáis que “as reclamacións son de anos anteriores, unha delas con data do 2016 e a máis recente a do ano 2021”.

Nese senso, dende as filas populares pedirán información dos expedientes que hai sen resolver e da estimación do que suporá abonar o que solicitan os veciños afectados polo concepto de responsabilidade patrimonial.

Os populares insisten en que “se nunha zona ofrece un aspecto descoidado hai unha tendencia a que empeore polo que animan ao goberno local a que manter os entornos urbanos en boas condicións para frear as reclamacións contra o concello”.

Os populares citaron exemplos en zonas nas que hai que actuar como na beirrúa de Roi Xordo “cuxo pavimento está nun estado deplorable e perigoso para a veciñanza” lembrando que “as consecuencias dunha falta de mantemento poden acabar con feridos”. Os populares refírense ao último caso que denunciou o Grupo Popular no barrio de Albeiros onde unha veciña tivo que ser trasladada por unha ambulancia logo dunha caída nun desnivel dunha baldosa.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies