O grupo municipal do PP de Lugo solicita a modificación da ordenanza de mazá pechada e doutras disposicións que poidan conter a obriga de esgotamento da edificabilidade e alturas, permitindo a particulares e promotores privados levar a cabo obras “de xeito gradual” segundo as posibilidades económicas e necesidades destes.
Na ordenanza de maza pechada, as disposicións de volume edificatorio falan de altura obrigatoria da construción segundo planos do PXOM: esta obriga supón ter que esgotar a edificabilidade dun terreo (acadando as alturas máximas). Esta situación supón un freno xa que hai lucenses que, por motivos económicos ou doutro tipo, non poden asumir ese nivel de investimento.
A petición do Grupo Popular que se traladará ao goberno local nun rogo a pleno ten por obxecto “facilitar a construción e fomentar o investimento” xa que tal e como está a normativa se disuaden a propietarios a acometer investimentos na urbanización e construción en pequenas parcelas.
Dende o PP se solicita aos servizos de urbanismo do Concello que se modifiquen estas disposicións para permitir que as obras poidan facerse de xeito gradual, segundo as posibilidades e necesidades dos promotores.