El viceportavoz del Grupo Popular Antonio Ameijide lamenta que, una vez más la alcaldesa “ralentice los plenos forzando a la oposición a llevar iniciativas que se podrían resolver con trámites que dependen de su firma”.O vicevoceiro do Grupo Popular acusa ao goberno local de “faltar a súa palabra” tras verse forzado o seu grupo a presentar unha iniciativa en pleno para que se constitúa a Comisión de Planeamento para analizar entre outros aspectos as repercusións da Lei do Solo, o 5% pendente do PXOM, o PEPRI ou a construción dun aparcamento gratuíto nos terreos municipais do entorno do HULA.
Antonio Ameijide lamenta que a alcaldesa se empeñe en forzar propostas deste tipo que se poderían resolver de forma rápida “coa súa sinatura” xa que “se houbese unha vontade política real e un interese por traballar en positivo pola cidade xa estaríamos traballando e avanzando nestas cuestións sen ter que retrasalo máis tempo”.
O popular ironizou coa actitude dos socialistas lucenses que “pretenden que se movan os lucenses para eles non moverse” en alusión á campaña de móvete por Lugo “moito marketing para tapar a súa ineficacia, inseguridade e falta de iniciativa”.
Ameijide lembrou que o seu Grupo presentou en reiteradas ocasións, peticións para que se convocase a Comisión de Planeamento. A máis recente hai un mes, xusto antes de que entrase en vigor a nova Lei do Solo de Galicia, que se reiterou logo por escrito dando un ultimatum aos socialistas “ao que fixeron caso omiso” matizou.
O voceiro do Grupo Popular Antonio Ameijide agarda o apoio dos outros grupos da corporación para crear unha mesa de traballo que poña en valor os 3 Bens Patrimonio da Humanidade co obxecto de “programar as inversiones das distintas administracións competentes no Camiño Primitivo, a Muralla e a Catedral”. O vicevoceiro do Grupo Popular explicou que “unha boa xestión destes recursos repercutirá na xeración de emprego e á dinamización da actividade económica”. Os populares apuntan que “non partimos de cero hai traballos de investigación de autoridades locales, e tamén hai propostas que presentou o Grupo Popular como por exemplo para fomento de obras de rehabilitación de vivendas con especial atención ás que están ao pé do Camiño”.
Os populares tamén presentan a debate do pleno a reordenación do tráfico no barrio da ponte xa que coa apertura da nova rotonda da autovía de Santiago incrementouse á intensidade de circulación no barrio. Ameijide manifestou que hai que estudiar a implantación de medidas de calmado así como melloras na iluminación e a sinalización”.
Ademáis de intensificarse o tráfico, coa recente apertura do novo acceso á Autovía os populares lembran que “hai que dar solución a outros vellos problemas provocados polo peche da ponte romana e os accesos da nova ponte cara ao barrio”. Nese senso o vicevoceiro popular apuntou que é fundamental dar prioridade de paso aos vehículos que entran por Rego da Laxe, un dos accesos ao barrio dende a nova ponte, así deste xeito se evitaría o caos circulatorio que se produce en horas punta nesta encrucillada”.
Por último os populares pedirán que o Concello de Lugo se sume ao programa de vivendas baleiras da Xunta de Galicia para, en colaboración tamén coa FEGAMP, promover o acceso á vivenda de mulleres vítimas de violencia de xénero, de persoas maiores, de mozos e de colectivos desfavorecidos vulnerables ou en situación de exclusión social.