La concejala popular Encarna Amigo subraya que “durante la celebración de los conciertos de la Banda Municipal con motivo del Día das Letras Galegas hubo varias quejas ciudadanas por la presencia de vehículos en el entorno de las actuaciones”
A concelleira do Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Lugo Encarna Amigo reclámalle ao goberno municipal “maior coordinación” na instalación de montaxes na vía pública.
Logo de que durante a celebración antonte dos concertos do Día das Letras Galegas “outra vez máis houbese vehículos de fondo, tanto municipais como doutras empresas”, a popular solicita aos socialistas “unha maior sensibilidade para que o tránsito ou a presenza de automóbiles non supoña unha distracción e non empañe un fondo tan emblemático como é o do Concello”.
Nesa liña, a edil popular destaca que “houbo varias queixas cidadás” por este motivo, unha cuestión “moi facilmente subsanable que só precisa dunha mellor planificación que garanta que cando se desenvolva o acto todo o entorno se atope nas mellores condicións posibles”. “Falamos dun pequeno xesto que, sen repercusión económica ningunha, contribuiría a fomentar unha experiencia máis completa tanto para os lugueses como para os turistas, máxime nun día festivo como o 17 de maio”, conclúe.