La edil popular Encarna Amigo afirma que “es imprescindible que el gobierno local adopte medidas para evitar que, como ocurrió en el puente de la semana pasada, los museos municipales sigan presentando unos horarios totalmente insuficientes y que desincentivan la asistencia de los turistas”
A concelleira do Grupo Municipal do Partido Popular Encarna Amigo reclama que de cara a este verán se amplíen os horarios de apertura dos museos e da Oficina de Turismo.
Nese senso, a edil popular explica que esta proposta ten “un dobre obxectivo”: por unha banda, contribuír á posta en valor e á optimización dos recursos culturais e turísticos dos que están dotados estas instalacións; e, pola outra, evitar que se volvan producir situacións como a que se viviu a semana pasada en Lugo, “cando os horarios de apertura foron exiguos en plena ponte, con dous días festivos nunha comunidade que tantos turistas achega a Lugo como é a de Madrid”.
A este respecto, Encarna Amigo anuncia que trasladará un rogo ao vindeiro pleno de cara a que se habiliten “fórmulas transitorias e provisionais” co obxectivo de que este reforzo se poida facer “a curto prazo” con independencia dos diferentes pasos que se sigan na tramitación do novo contrato, iniciada hai unhas semanas “despois de levar case tres anos sen ningunha vinculación legal”. “Sabemos que este goberno local traballa a un ritmo excesivamente lento pero, en todo caso, existen fórmulas legais para, paralelamente, avanzar nesta ampliación que tanto tempo levamos reclamando”, subliña, ao tempo que destaca que “as novidades que anunciou o goberno local no novo prego de condicións para prestar este servizo non as poderemos disfrutar ata como mínimo medio ano”.
A concelleira popular Encarna Amigo asegura que “ningunha cidade do mundo lle pecharía as portas aos turistas e moito menos cando o goberno se volve triunfalista presumindo dun incremento de visitantes que podería ser moito maior se existira unha estratexia global e integral de cara á desestacionalización e a unha programación continua de actividades, comezando por non ter os museos pechados nun domingo en plena ponte”.
Aspectos mellorables do novo prego de condicións.-
Por outra banda, en relación ao prego de condicións que se elaborou para a nova licitación da xestión dos museos, a edil popular considera un “despropósito” ao contemplar un horario especial de atención nas oficinas de información turística ata as 22.00 horas no Arde Lucus, en contraposición co San Froilán, no que pecharán dúas horas antes. Para Amigo, esta decisión é “un síntoma máis” de que os socialistas “prefiren mimar á festa romana porque a interpretan como algo propio deles antes que á festa patronal do outono lucense”, se ben a popular amosa o seu grao de acordo con este reforzo previsto para as festas romanas, que pide que se extenda a outras datas chave como as do San Froilán, “a festa por excelencia da cidade”.
Por último, a edil popular tamén censura que “nestas novas bases tampouco se incorporou a nosa reiterada proposta de que os sábados e domingos a atención ao público se preste de xeito ininturrempido”, posto que “se aspiramos a converter o turismo nun motor económico da cidade e se temos o aliciente de que os museos están ubicados no centro, o primeiro paso que debemos dar é facilitarlles aos visitantes que poidan disfrutar do moito que temos que ofrecer”.