El Grupo Municipal del Partido Popular defenderá un ruego en el pleno de este mes para que el Concello de Lugo “inicie as xestións co Goberno central para asinar un convenio e conseguir a cesión da parcela que linda coa parte posterior do campo de futbol das Gándaras e que usan, a diario, centos de lucenses”.
Os populares tamén instan a que “de forma urxente se arranxe a rúa anexa a estas instalacións municipais e que tamén se emprega como aparcadoiro”. O concelleiro popular Óscar Poy manifestou que “ambas zonas do aparcadoiro están en moi mal estado, tanto a rúa Lavanco como a parcela de defensa, están plagadas de fochancas”.
O edil do PP lembrou como dende o Grupo Popular presentouse unha iniciativa no pleno de marzo para facer un plan integral da zona. “Á vista de que o goberno local non arranxaba as pozas que hai no perímetro do campo de fútbol e que os usuarios seguían sufrindo os mesmos problemas reiterouse esta petición no mes de maio”. “Co ánimo de que se tome en consideración esta queixa da veciñanza, e dada a falta de voluntade política de PSOE e BNG de arranxar este asunto o Grupo Popular presenta un rogo a pleno deste mes”.