La concejal popular Beatriz Vázquez pide la intermediación de la alcaldesa para recuperar la Banda Municipal de Lugo, tan unida a la vida de la ciudad de Lugo desde hace décadas, y que está en peligro inmediato de desaparecer por la dejadez de PSOE y de BNG
O Grupo Municipal do Partido Popular propón á alcaldesa que “rescate da incertidume na que está sumida á Banda Municipal de Lugo” e que declare “cales son as súas intencións reais de futuro para unha agrupación que foi un orgullo cultural singular para todos os lucenses”.
A concelleira popular Beatriz Vázquez avanzou que proporá no próximo Pleno “facer o esforzo necesario por parte dos dous partidos do bigoberno para impulsar á Banda Municipal” aclarando que “non se explica o que pasa no Concello de Lugo cando noutros municipios, que dispoñen de moito menos orzamento, poden presumir e disfrutar da música das súas Bandas Municipais (Vilalba, Ribadeo, etc)”.
A edil popular considera “inaudito que a Banda Municipal de Lugo estea desaparecida polo deixamento dos sucesivos gobernos de esquerdas de Lugo”. “Semella que prefiren privarnos desta agrupación para gastar fondos públicos nas agrupacións afíns e nos seus amigos abusando da fórmula dos contratos menores” reflexionaba a edil do PP.
Beatriz Vázquez propón que neste Plan de recuperación da Banda Municipal “que se fixen nun calendario as accións necesarias para recuperala e se sometan periodicamente a un control dos diferentes grupos políticos da corporación”. “É preciso estudar os postos necesarios e a súa categorización, as modificacións periódicas da RPT, as convocatorias periódicas de prazas de músico de especialidade, as convocatorias periódicas de concursos de promoción interna, etc., incluíndo as actuacións que o goberno fará para desbloquear a falta do director da Banda, xa que dende novembro de 2016 a praza está vacante.