El concejal popular lamenta la “desidia y el olvido de este bigoberno con la zona rural” desvelando que en 2019 (según se desprende de la Cuenta General) solo ejecutó el 4,76 % de los 661.464,84€ del presupuesto de inversiones
O concelleiro popular Manuel López analizou o grao de execución do cápitulo VI de investimentos da Conta Xeral de 2019. Segundo as cifras deste documento contable o bigoberno “tan só se executou o 4,76% € dos 661.464,84 euros previstos”.
O concelleiro popular explicou como “quedaron sen executar os 125.000 € asignados para compra dunha retroexcavadora e unha pala; e dos 500.000 reservados para a pavimentación de camiños só se gastaron 31.464 € quedando o 93,64% sen executar e o mesmo ocorre coa partida que tiñan para o abastecemento de parroquias, os 36.417,37€ nin se tocaron”.
Á vista deste fiasco o popular reclama que os 661.464,84 € que non gastaron os destinen a asfaltar a aglomerar en quente pistas en mal estado das parroquias. Os populares explican que cunha media de gasto por metro lineal de 38€ estaríamos falando de que se poderían acondicionar, en condicións, uns 20 quilómetros da rede viaria da zona rural. “É unha extensión importante se temos en conta que as obras que o bipartito fai habitualmente son de entre 500 a 2 quilómetros de lonxitude”.
Manuel López lamenta que “para o bipartito as parroquias que forman parte do Concello e os veciños que residen nelas parecen non ter as mesmas necesidades que o resto dos lucenses que viven na cidade” puntualizando que “non é de recibo que se lles sega tratando como cidadáns de segunda cando tamén pagan impostos municipais como os que habitan no núcleo urbano”.