El concejal del Grupo Popular Antonio Ameijide explicó que “al deijar la vía inacabada se obliga a los vecinos de Camiño da Roca y de Serra de Meira a dar un largo rodeo, de más de un kilómetro, para acceder al Sagrado Corazón
O concelleiro do Grupo Popular Antonio Ameijide, facéndose eco das demandas de preto dos residentes nas 400 vivendas da zona de Camiño da Roca, solicita que o goberno local complete un tramo duns 50 metros da rúa Piñeiral para permitir o paso tanto de peóns como de vehículos. O edil do PP matizou que os veciños reclaman que se remate esta vía así como o acondicionamento da rúa Fonmiñá xa que “a través dela poden acceder ao barrio do Sagrado Corazón de forma directa evitando dar un rodeo por Carlos Azcárraga”.
Ameijide indicou que esta é unha vella demanda do Grupo Popular e que se presentou, ata en dúas ocasións, como iniciativa a pleno do concello. Na proposición que se presentou do ano 2012 figuraba como unha das vías para rematar dentro dun plan de urbanización e tanto socialistas como nacionalistas votaron en contra. A iniciativa de 2013 para por en marcha un Plan de Mellora, Conservación e Reparación da Rede Viaria si foi aprobada en pleno e tamén incluía o remate deste vial. Antonio Ameijide lamenta o malestar que hai entre os veciños da zona porque había un compromiso do goberno local de realizar esta obra pero “unha vez máis desprezan os acordos plenarios”.
O edil do PP tamén anunciou que presentará un rogo para que se acondicione o tramo da rúa Fonmiñá que une a rúa Piñeiral e Serra de Meira co Sagrado Corazón. Ameijide matizou que, neste momento, este paso está pechado xa que “a maleza oculta unha parte do camiño o que provoca as queixas dos veciños que a utilizaban, a diario, como atallo para achegarse ao Centro de Saúde, Colexio …”. O popular afirma que este treito da rúa Fonmiñá “ten moito tránsito e que é unha mágoa que, polo abandono do goberno local, se obrigue aos veciños a dar un rodeo de máis dun quilómetro por desentenderse do mantemento dunha vía que se utiliza dende toda a vida”.
O concelleiro do Grupo Popular pediu aos socialistas que impulse estas dúas obras pendentes e que deberían xa estar programadas. O edil tamén instou a que se cumpra outro acordo de pleno para reurbanizar a Rúa do Granxeiro, que comunica o Sagrado Corazón coas Gándaras (comunicando a rúa Pradairo con Venancio Senra). Antonio Ameijide indicou que esta vía é prácticamente intransitable e precisa un acondicionamento “urxente”. A proposición que se aprobou no pleno de setembro de 2015 tiña por obxecto a dotación de sumidoiros, dunha calzada axeitada tanto para o tráfico dos vehículos como beirarrúas, así como a mellora e o aumenta dos puntos de alumeado público.