La concejala popular Mari Teijeiro explica que “numerosos usuarios trasladaron sus quejas al Grupo Municipal del Partido Popular” por la reducción de las horas de actividad de los centros sociales en el fin de semana
A concelleira do Grupo Municipal do Partido Popular Mari Teijeiro reclamou esta mañá un horario máis amplo nos centros de convivencia municipais. Nesa liña, e á vista das numerosas queixas que recibiu o Grupo Municipal do Partido Popular dos usuarios, a edil instou ao goberno local a adoptar “as medidas oportunas” para que estas dependencias volvan contar co mesmo tempo de apertura “que tiñan ata este verán”.
Deste xeito, tal como explicou a popular, os maiores “non entenden” por que os domingos os centros sociais non se abren ata as 18.00 horas, en lugar de facelo ás 16.30 horas “para compatibilizar a actividade de baile con outras previas, como xogar as cartas ou a lectura do xornal, co obxectivo de favorecer a socialización e a relación entre eles”, segundo destacou Mari Teijeiro.
Así mesmo, a responsable de Benestar Social do Grupo Municipal do Partido Popular salientou que “non existe nin un só motivo racional que xustifique unha decisión deste tipo, senón que parece máis ben un capricho do novo goberno municipal”, posto que “o aforro económico que se produce é practicamente nulo, mentres que o prexuízo que se lles causa aos usuarios é importante”. “Para as arcas municipais esa hora e media de máis non supón practicamente nada, pero para os maiores é un tempo importante que se lles resta”, incidiu.
Por outra banda, Teijeiro lamentou que “mal empeza o goberno municipal cando incumpre xa un dos primeiros acordos plenarios adoptados na sesión do 30 de xullo”, posto que a instancias do Grupo Municipal do Partido Popular aprobouse a recuperación dos horarios antigos dos centros de convivencia, “máis amplos”, así como a unificación dos tempos de apertura destas dependencias. “Polo que vemos, o goberno de Lara Méndez vai polo mesmo camiño que os de López Orozco, de incumprir os acordos plenarios xa dende o primeiro minuto”, expuxo.
Por último, a edil popular ironizou con que “o goberno municipal non debe considerar suficiente castigo ter privado os domingos e festivos durante un mes aos maiores que agora lles continúa recurtando o horario”, motivo polo que insistiu na súa demanda.