Accesibilidad

El PP reclama un mayor control de las 122 plazas para personas con mobilidad reducida

By 9 agosto, 2016No Comments

La concejal del PP Mari Teijeiro chequeó el nivel de ocupación indebida de estas plazas destacando que “un alto porcentaje de las que revisamos en varios puntos de la ciudad las estaban usando personas que no tenían derecho a aparcar en ellas”

O Grupo Municipal do Partido Popular analizou o nivel de ocupación indebida das 122 prazas reservadas para persoas con mobilidade reducida. A concelleira popular Mari Teijeiro explicou que o chequeo realizado pon en evidencia “a necesidade de levar a cabo un maior control das prazas de aparcamento reservado para persoas con discapacidade”. A popular manifestou que “hai que evitar abusos e usos indebidos dos que se benefician persoas que non teñen ningún tipo de discapacidade”.

Teijeiro tamén suxire que se poña en marcha unha campaña de concienciación, en colaboración coas entidades sociais de discapacidade, xa que “nos últimos tempos co caos de aparcamento, motivado pola suspensión da ORA, moitos veciños invaden estas zonas reservadas pese a que non teñen dereito a usar este espazo”.

Os populares tamén piden que se facilite a tarxeta de estacionamento aos vehículos de transporte colectivo das entidades que traballan con persoas con mobilidade reducida xa que “ ás veces, cando fan traslados para que os seus usuarios participen en actividades como piscina ou fisioterapia teñen problemas para estacionar o vehículo preto das instalacións”.

Teijeiro explicou que tanto na Ley de Accesibilidade de Galicia como no Real Decreto que regula as condicións básicas de uso de tarxeta de estacionamento para persoas con discapacidade se contempla esta posibilidade.  Nese senso a edil do PP solicitou que se informe ás entidades desta opción para facilitarlles a tramitación.

Por último os populares solicitan que o goberno local actualice o listado de prazas para persoas con mobilidade reducida que se publica no Portal Lugo Accesible xa que está “bastante desfasado”.  Os populares tamén  solicitaron que se mellore a sinalización destes espazos xa que “hai prazas na que a cor azul que as identifica está borrada e pode dar lugar a confusións”.

A edil do PP manifestou que “en aras a mellorar e adaptar os espazos públicos, tanto as persoas que viven en Lugo como as que nos visitan, se debería estudar a posibilidade de habilitar algunha praza máis en distintos barrios da cidade como Camiño Real ou ben en arterias principais da cidade como a Ronda da Muralla onde os espazos reservados para persoas con mobilidade reducida son inexistentes ou moi escasos”.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies