El vicevoceiro popular Antonio Ameijide dice que este instrumento es imprescindible en estos tiempos del covid ya que la contratación pública va a ser una pieza clave en la reactivación económica”
O PP propón poñer en marcha un Plan de contratación co ánimo de mellorar o funcionamento do Concello e conseguir un maior rendemento dos recursos tanto materiais como personais dos que dispón. “Con este informe de situación garantiríamos a transparencia e a certidume nos contratos” matizaba o vicevoceiro popular quen lamentaba “o abuso excesivo que hai no Concello de Lugo polos contratos menores, así como, o absoluto descontrol con decenas de contratos caducados”.
Ameijide explicou que “con este plan se favorece aos licitadores (autónomos e empresas) xa que se lles facilita a planificación e presentación de ofertas para a contratación dunha maneira máis eficaz e transparente e, por último, se favorece á organización interna xa que ao ter unha previsión de contratación se solucionaría o problema dos contratos caducados evitando os reparos de legalidade” e tamén se programaría os que están a punto de caducar”.
O vicevoceiro popular indicaba que “hai que poñer luz e taquígrafos á contratación municipal” engadindo que unha fórmula sería a de “publicar este cronograma de contratación no portal de transparencia e no perfil do contratante”.
“Pensamos que esta proposición dun plan plurianual de contratos é agora máis necesaria que nunca xa que a contratación pública vai ser unha peza clave na reactivación económica e na xeración de emprego nestes tempos de covid”
O Plan plurianual de contratación recollerá a relación de todos os contratos municipais desglosados por área: obxecto, importe, duración, estado do contrato para chequear se caducou ou non, incidencias e modificacións ou ampliacións que sufriu o mesmo. Deste xeito, este informe ofrecerá unha foto fixa perfecta da situación de todos os contratos do Concello de Lugo permitindo unha mellora importante na organización interna municipal e impedindo a desorganización actual na que nos atopamos con ducias de contratos caducados por un valor de millóns de euros.
De forma paralela este plan plurianual debe conter un cronograma coas licitacións a curto e medio prazo, permitinto que as empresas e autónomos poidan coñecer os plans de contratación municipal e estar atentos ás futuras convocatorias “evitando opacidades, e desinformación e, por outro lado, combatindo as informacións privilexiadas”. O feito de dar información previa das contratacións contribuirá a que se reduzan os prazos nas licitacións.
Os populares explican que noutros concellos galegos xa implantaron planes de contratación o último foi o municipio de Santiago que en xuño impulsaba este novo instrumento de planificación.