El concejal popular Manuel López afirma que “por la falta de control del gobierno local de los puntos de silos clausurados en las parroquias” se están creando vertederos incontrolados “ya que al no retirar los residuos se produce un efecto chamada”
O Grupo Popular critica que o goberno local continúe sen solucionar os vertedoiros incontrolados que hai nas parroquias dos municipios e que, lamentablemente, sigan a ser unha realidade no rural.
O edil popular Manuel López pon no punto de mira os puntos de recollida de silos que o PSOE pechou nos lugares de Burgo, Coeses, San Xoán do Campo e Malle para implantar o modelo de recollida “porta a porta”. O concelleiro explicou que os socialistas “foron ao cómodo e pensaron que pechando estes recintos zanxaban o problema cando, o que deberían é completar a súa obriga de coidado, vixilancia e recuperación dos terreos onde, nos últimos anos se apilaron plásticos agrícolas”.
As consecuencias de non levar a cabo unha vixilancia e control periódico destes depósitos é que hoxe están, de novo cheos de neumáticos, restos de obras, mobiliario e incluso no do Burgo “de forma incívica” romperon a cadea do peche e verteron todo tipo de desperdicios. En Coeses e en Malle tamén se acumulan novos restos de mobiliario, colchóns, cascallos de obras …
Para Manuel López o goberno local non ten unha verdadeira vontade política de mellorar este tema xa que o feito de que non se retiren os residuos dun depósito irregular coma estos, xa clausurados, produce o efecto chamada.
Ademais do problema medioambiental aos populares lles preocupa que o risco de incendio que supón a proximidad destes vertedoiros a árboredas” lembrando como durante o pasado verán, por posibles incendios se produciron lumes en todos estes puntos, polo que urxen aos socialistas a dar unha “solución definitiva a un problema que se arrastra ano tras ano”.
O concelleiro popular afirma que a proliferación dos vertedeiros incontrolados no rural segue a ser unha realidad como consecuencia dunha falla de dirección política clara que “conciencie á cidadanía dos danos medioambientais e sanitarios que poden supoñer estes depósitos ilegais” como os que hai en San Pedro de Mera, A Campiña.