Seguridad

El PP recogió apoyos para la Proposición de Ley que se defenderá en el Congreso para agilizar las desocupaciones de las viviendas ocupadas ilegalmente

By 1 octubre, 2020No Comments

El portavoz del Grupo Municipal del PP Ramón Carballo explica que las calles de la Milagrosa fueron el inicio de un recorrido por la ciudad para explicar a los lucenses a propuesta que el Partido Popular defenderá en el Congreso de los Diputados para desalojar de las viviendas a las personas que las ocupan de manera ilegal

O voceiro do Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Lugo, Ramón Carballo, non comprende a postura tomada por Lara Méndez e Isabel Rodríguez, alcaldesa de Lugo e subdelegada do Goberno en Lugo, de negar a evidencia e dicir que no municipio non existe un problema de ocupación ilegal de vivendas.

Ramón Carballo explica que o Grupo Parlamentario do Partido Popular no Congreso dos Deputados defenderá unha Proposición de Lei para poder combater dun xeito máis eficaz o problema da ocupación ilegal, cunhas reformas que inclúen, entre outras medidas, poder realizar desaloxos en 12 horas, un endurecemento das penas e dotar ás comunidades de veciños da capacidade para poder denunciar calquera ocupación ilegal dentro do bloque de vivendas.

Unha reforma legal que o Grupo Municipal do Partido Popular quere dar a coñecer entre os lucenses, algo para o que os concelleiros populares percorrerán as rúas da cidade para explicarllo aos lucenses, comezando esta mañá polo barrio da Milagrosa, unha das zonas da cidade máis afectadas por este problema, na que se recollerán sinaturas apoiando esta proposta de lei. “Xa que tanto Lara Méndez como Isabel Rodríguez negan esta evidencia, saímos nós ás rúas para explicar aos lucenses en que situación estamos na cidade, en que situación está a lei na actualidade e cal é a proposta que realiza o Partido Popular para axudar a todas as persoas que están a sufrir a ocupación ilegal das súas vivendas”, sinalou.

Unha iniciativa da que Ramón Carballo destaca que decidimos comezar pola Milagrosa xa que se trata dun dos barrios de Lugo que máis sofre este problema, algo que se puido constatar hai poucos días. Incluso, convida á alcaldesa e a subdelegada do Goberno a acompañalos neste percorrido pola Milagrosa para que elas mesmas lle expliquen aos veciños as declaracións que realizaban a semana pasada nas que aseguraban que en Lugo non hai un problema de ocupación ilegal de vivendas. “O máis xusto é que xa que negan a evidencia, nos acompañen neste percorrido e lle digan ás persoas que teñen vivendas ocupadas de xeito ilegal que este non é un problema real”, sentenciou.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies