El vicevoceiro del Grupo Municipal del PP Antonio Ameijide señala que la justicia da un nuevo revés a Lara Méndez al desestimar el recurso presentado por el Ayuntamiento de Lugo contra la resolución que denegaba la concesión de la prórroga para realizar los trabajos proyectados en la Fábrica de la Luz, complicando aun más el futuro de esta instalación
O concelleiro do Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Lugo, Antonio Ameijide, desvela que o Concello de Lugo acaba de recibir un novo revés xudicial en referencia á Fábrica da Luz, xa que o xulgado desestimou o recurso presentado polo concello de Lugo contra a resolución na que a Confederación Hidrográfica Miño-Sil denegada a prórroga da obra.
Para Antonio Ameijide esta sentenza “reflicte á perfección” o que foi a actuación do anterior goberno local de Lugo na Fábrica da Luz. “Esta nova sentenza acredita a mala praxe do PSOE na Fábrica da Luz, unha actuación amparada polas teses da asociación ecoloxista Adega, amplamente defendida polo BNG. Por iso, os membros do bipartito de Lugo serán os únicos responsables da indemnización que poderiamos ter que pagar á empresa concesionaria”, explicou.
Unha indemnización que na reclamación xudicial se cifra en 2.840.858,15€ que é o que a empresa concesionaria reclama ao Concello de Lugo por non poder realizar os traballos que alí tiña encomendados, unha indemnización que pode resolverse nos xulgados xa que o Concello segue sen respostar á reclamación efectuada pola empresa.
Antonio Ameijide sinala que “os que máis perdemos na Fábrica da Luz somos todos os lucenses”. Primeiro porque perdemos a ampliación do caudal, que tiña que pasar dos 7.000 litros/segundo aos 11.000 litros/segundo, ademais do risco de perder a concesión, que data nas mans de todos os lucenses dende o ano 1894. “Seguramente se as indemnizacións millonarias, como as do Garañón ou a Fábrica da Luz, que penden sobre o Concello de Lugo as tivesen que pagar os que as provocan seguramente o equipo de goberno tomaría en serio o seu traballo”, explicou.
A denegación da solicitude da prórroga efectuada pola Confederación Hidrográfica Miño-Sil é unha actuación que defende o Avogado do Estado que asegura nas súas conclusións que “a prórroga formulada polo Concello de Lugo non cumpre con ningún dos requisitos que establece o artigo 105 do regulamento de dominio público hidráulico”.
Neste senso, o vicevoceiro popular recorda as denuncias efectuadas dende o Grupo Municipal Popular advertindo das irregularidades no proceso que se detectaron na xestión do anterior goberno socialista. Neste senso, unha das eivas principais foi que en lugar de solicitar a prórroga dous meses antes do prazo de finalización dos traballos se fixo o día anterior a rematar o prazo fixado para os traballos na Fábrica da Luz, é dicir, “con dous meses de demora”. Unha solicitude que ademais carecía de documentos básicos, como acreditar os traballos executados e os traballos restantes. Unha situación irregular que denunciou o Grupo Municipal Popular o 24 de outubro de 2017 e aínda agardamos a que se comuniquen as causes que produciron os atrasos.
Ademais, o Avogado do Estado conclúe cunha afirmación “demoledora” para o anterior goberno local ao asegurar que “o Concello tivo a posibilidade real e certa de solicitar a prórroga” xa que “se a empresa concesionaria coñecía a necesidade de solicitar a prórroga o Concello de Lugo tamén, ademais de estar obrigado a solicitala”.
Antonio Ameijide sinala que con esta sentenza xudicial se demostra que todas as alertas realizadas dende o Grupo Municipal Popular “eran correctas” polo que se todo o proceso remata nunha indemnización millonaria para o Concello de Lugo e todos os lucenses débese “a mala praxe” do anterior goberno local que “fixo caso omiso” ás advertencias públicas e privadas realizadas polos populares.