Macamen López lamenta el susto que niños, padres y profesoras llevaron ayer con la activación del protocolo de incendios a causa de una avería en esta escuela infantil, un suceso que se suma a una larga lista de incidencias en este edificio
A situación da Escola Infantil Gregorio Sanz cada día vai a peor, chegando onte a ter que desaloxar a todos os nenos e nenas por mor dunha alarma de incendio. Unha situación que preocupa, e moito, entre os pais e nais dos nenos, polo que os concelleiros populares mantiveron hoxe unha xuntanza con algúns dos familiares para coñecer de primeira man as súas preocupacións e así poder estudar as posibles solucións a tomar.
Macamen López explica que desde a Concellería de Educación deberíase de estudar a posibilidade de conectar a alarma de incendios co corpo de bombeiros para axilizar a súa chegada no caso dunha emerxencia, xa que onte foron as traballadoras as que deron a voz de alarma. “Se a alarma dá o aviso directamente aos bombeiros, en caso de emerxencia as traballadoras poden centrarse directamente en poñer a salvo aos nenos”, explicou.
A concelleira popular tamén pide que se estude a posibilidade de modificar a saída de emerxencias. Na actualidade está ao carón da entrada principal, polo que, en caso de emerxencia, se a entrada do centro queda bloqueada, non se pode empregar ningún dos dous accesos.
Os populares presentarán preguntas en comisión para coñecer o que sucedeu onte na Escola Infantil Gregorio Sanz e tamén para saber en que estado se atopa xa que é un centro que acumula un longo historial de deficiencias, como: filtracións de auga de chuvia, problemas coa climatización en verán, fallos na caldeira ou o mal estado do patio.